Curso Ponte 2026/27

Adaptación ao Grao en Xestión de Empresas Hosteleiras (Mención en Dirección Hoteleira).

Fechas clave do proceso de admisión 2026/27

Solicitude de admisión na USC

15–30 outubro

Publicación de persoas admitidas

6 novembro

Matrícula na USC e no CSHG

16 nov.–4 dec.

Inicio do Curso Ponte

Xaneiro de 2027

Paso 1 · Comproba os requisitos de acceso

Antes de solicitar a admisión

Poderá solicitar a adaptación o alumnado das seguintes titulacións:

Diploma Superior en Xestión Hoteleira

  • Ter rematado o Diploma Superior antes de que finalice o prazo de admisión na USC.
  • Dispoñer do título expedido pola USC ou ter solicitada a súa expedición e aboadas as taxas correspondentes.

Gran Diploma en Xestión e Dirección de Empresas Hosteleiras

  • Estar en posesión do título de Gran Diploma.
  • Solicitar ao CSHG o recoñecemento no Diploma Superior antes de que finalice o prazo de admisión na USC.

O CSHG enviará unha acreditación oficial na que constarán:

  • A superación ou o recoñecemento do Diploma Superior.
  • A nota media obtida.
  • A modalidade de Curso Ponte correspondente.
Obrigatorio. A acreditación emitida polo CSHG é necesaria para solicitar a admisión. Se non a recibiches no teu correo institucional, debes escribir a coordinacionacademica@cshg.es.

Paso 2 · Solicita a admisión na USC

Do 15 ao 30 de outubro de 2026

Presenta a solicitude de admisión ao Curso Ponte dentro do prazo establecido.

Acceder á solicitude na USC
Importante. O CSHG oferta 50 prazas por curso. Adxudicaranse por orde de nota media da titulación de orixe.

Paso 3 · Comproba a túa admisión

6 de novembro de 2026

Consulta a publicación da lista de persoas admitidas.

Se obtiveches praza, poderás continuar coa matrícula na USC e, posteriormente, no CSHG.

Matrícula

Paso 4 · Formaliza a matrícula

Novembro–decembro de 2026

A matrícula realízase primeiro na USC e despois no CSHG. Na matrícula da USC deberase indicar a materia optativa correspondente á modalidade asignada.

Matrícula na USC

1.ª convocatoria: 16–18 de novembro

2.ª convocatoria: 23–25 de novembro

Prazas vacantes: 1–2 de decembro

Matrícula posterior no CSHG

1.ª convocatoria: 18–20 de novembro

2.ª convocatoria: 25–26 de novembro

Prazas vacantes: 3–4 de decembro

Calendario académico

Xaneiro–xuño de 2027

Segundo semestre do curso 2026/27

O Curso Ponte comezará en xaneiro de 2027 e coincidirá co segundo semestre do calendario académico 2026/27.

Docencia presencial. Poderase solicitar a dispensa de asistencia nas circunstancias recollidas na normativa, como ter un contrato de traballo vixente ou determinadas situacións familiares. A dispensa deberá ser concedida polo CSHG.

Prezos

O importe depende da modalidade académica asignada e do número de créditos ECTS que deba cursar cada estudante. O pagamento realizarase ao formalizar a matrícula.

Modalidade 1

382,50 €*

9 ECTS

Modalidade 2

425 €*

10 ECTS

Modalidade 3

637,50 €*

15 ECTS

Modalidade 4

680 €*

16 ECTS

*Prezo oficial da USC e do CSHG para o curso 2026/2027 (CSHG: 40 €/ECTS e USC: 2,46 €/ECTS —o 25 % da taxa pública—). A estes importes hai que engadir os gastos de secretaría da USC: 28,22 € (apertura do expediente, expedición da TUI e seguro escolar obrigatorio).

Preguntas frecuentes

Cantas prazas se ofertan cada ano?

Ofértanse 50 prazas por curso.

Como se asignan as prazas?

Por orde de nota media da titulación de orixe (Diploma Superior recoñecido).

É obrigatorio solicitar o recoñecemento se teño o Gran Diploma?

Si. É imprescindible para acceder ao Curso Ponte e solicitar a admisión na USC.

Que ocorre se xa solicitei o recoñecemento anteriormente?

Recibirás a acreditación automaticamente, sen necesidade de repetir o trámite.

Podo coñecer previamente as miñas posibilidades de obter praza?

Realizarase unha consulta previa non vinculante que informará do posto provisional segundo a nota media.

Que documento necesito para solicitar a admisión?

A acreditación emitida polo CSHG, na que figuran a superación ou o recoñecemento do Diploma Superior, a nota media e a modalidade de Curso Ponte.

Consultas administrativas: Coordinación Académica · coordinacionacademica@cshg.es