Estuda o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastalería

Aberto o prazo de matrícula

O Curso Superior de Chef e Pastelaría proporciona a formación necesaria para ser cociñeiro/a profesional sin a necesidade de posuir estudos superiores.

Especialmente dirixido a
- Persoas apaixonadas pola gastronomía que buscan unha formación profesional en cociña e pastelaría.
- Quen desexe adquirir habilidades prácticas nun entorno real e prepararse para traballar en restaurantes de prestixio.
- Galegos/as residentes no exterior que queiran regresar a Galicia e formarse nunha escola de referencia.

Moita práctica
A formación lévase a cabo nun entorno profesional con restaurantes abertos ao público, con clases prácticas en cociñas especializadas e xestión aplicada. O traballo realízase en grupos reducidos, con seguimento docente constante e prácticas diarias. Ademais, o aprendizaxe enriquécese con masterclass de chefs con estrela Michelin e visitas a produtores para coñecer de primeira man a materia prima e a súa xestión.

Saídas laborais e prácticas profesionais
Como punto final, o alumnado deberá realizar prácticas en restaurantes de toda Galicia durante tres meses. Ademais, o CSHG pon á súa disposición todas as facilidades para atopar emprego unha vez finalizado o curso grazas á súa rede de contactos.

Duración
A formación desenvólvese nun curso académico intenso, comezando o 25 de setembro, cunha duración de oito meses de estudo no campus do CSHG en Santiago de Compostela ata maio e tres meses de prácticas en restaurantes galegos de xuño a agosto.

Portas abertas

Organizamos unhas xornadas de portas abertas donde poderás coñecer de primeira man tanto as instalacións como todo o que o CSHG che pode ofrecer. Son os sábados as 11 horas e temos dispoñibles varias datas. Utiliza o formulario e selecciona a data que máis che conveña.

 

 
 
 
Apelidos*
 
 
 
Introduza o captcha
 
 
 
 
 
     

Inscrición e matrícula

Aberto o prazo de matrícula

O Centro Superior de Hostelería de Galicia ten aberto o prazo de matrícula para o curso 2025/2026. A convocatoria está dirixida a todos os candidatos que desexen comezar os seus estudos no Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería.

REQUSISTOS DE ADMISIÓN

Para acceder a este curso non necesitas estudos superiores, pero ademáis de interese pola cociña, deberás cumprir polo menos un dos seguintes requisitos:

  • Experiencia mínima de 6 meses en hostalería
  • Formación en cociña e/ou hostalería

PROCESO DE ADMISIÓN

Este proceso consta de 4 pasos:

1. Solicitude inicial. Hai que cubrir o formulario de inscrición. Pódese cumplimentar desde a computadora (descárgao aquí). Hai que enviar o formulario cuberto e asinado ao seguinte enderezo electrónico: info.cshg@xunta.gal.

2. Entrevista persoal. Unha vez recibido o formulario de inscrición, os solicitantes que cumpran os requisitos mínimos serán convocados a unha entrevista persoal, que pode ser telemática ou presencial. Trátase dunha oportunidade para coñecer mellor ao candidato e para que el teña a oportunidade de aclarar dúbidas e realizar as consultas que precise.

3. Resolución da canidatura. O comité de admisións valorará a solicitude en base á documentación aportada e a entrevista realizada e, nun prazo de dúas semanas, comunicarase a resolución ao interesado.

4. Reserva de praza. O candidato deberá facer o pago de 411,28 € nun prazo de dez días desde a súa admisión, cantidade que se descontará do prezo total do curso cando se matricule.

Para máis información, pódese contactar en info.cshg@xunta.gal ou chamar ao teléfono +34 981 54 25 59 / 93 ou por WhatsApp no +34 689 188 437.

Plan de estudos e metodoloxía

En nuestro Campus
Desde el octubre hasta mayo

Formación práctica en cocina, pastelería y servicio, desarrollando habilidades técnicas, trabajo en equipo y competencias profesionales demandadas por el sector.

  • Cocinarás en cocinas profesionales, con especialización en restaurante a la carta, buffet, cuarto frío, pastelería y bollería.
  • Aprenderás sobre marketing gastronómico, gestión de equipos, instalaciones, como hacer escandallos, gestionar stocks siempre desde de la sostenibilidad.
  • Masterclasses con chefs de renombre, incluyendo profesionales con Estrella Michelin y Soles Repsol.
  • Visitas a productores y empresas para conocer la materia prima de primera mano.


Prácticas Profesionales
Desde junio hasta agosto

Pondrás en práctica lo aprendido con prácticas en los mejores restaurantes de Galicia.

Prezo e bolsas

Matrícula: 4.000 €/ano

Estudar o Curso Superior de Chef de Cociña e Pastalería (CSHG) inclúe o seguinte:

  • Dereitos de matrícula.
  • Apertura de expediente e servizos xerais.
  • Docencia: sesións prácticas e de titoria.
  • Dereitos de exame (dúas oportunidades por curso académico).
  • Uniformes de prácticas.
  • Set de utensilios de traballo (para cociña).
  • Excursións de interese docente organizadas polo centro.
  • Uso de instalacións deportivas da escola.
  • Almorzo e xantar de luns a vernes.

Existe a opción de vivir na residencia no propio campus.

  • Aloxamento en cuarto dobre: 3.138,28 €
  • Aloxamento en cuarto individual: 5.523,68 €

A Axencia de Turismo de Galicia convoca o plan de bolsas para o curso 2025/26 do CSHG. Concédense un total de 18 bolsas:

  • 12 Bolsas para Galegos Residentes no Exterior – CONVOCATORIA ABERTA
    Prazo de solicitude aberto ata o 21 de abril – Código de procedemento: TU200D
    Cobre o 80% do prezo do curso e o 100% do prezo do aloxamento na residencia do CSHG, ademais dunha axuda para a viaxe segundo a procedencia.
    Dirixidas a galegos residentes no exterior con idades entre 18 e 30 anos.

E NECESARIO CUBRIR O FORMULARIO DE PREADMISIÓN (PODES DESCARGALO AQUÍ ) E ENVIALO ANTES A info.cshg@xunta.gal, ADEMÁIS DE ADXUNTALO NA SOLICITUDE DE BOLSA.

  • 2 Bolsas de Excelencia – Pendente de apertura da convocatoria
    Valorarase o expediente académico (Ciclo Formativo Medio ou Superior) cunha nota media de 8 ou superior.
    Cobre o 80% do prezo do curso e o 80% do prezo do aloxamento na residencia do CSHG.
  • 4 Bolsas Ordinarias – Pendente de apertura da convocatoria
    Ponderaranse nun 60% os ingresos familiares e nun 40% o expediente académico (Ciclo Formativo Medio ou Superior).
    Cobre entre o 80% e o 50% do prezo do curso e parte do prezo do aloxamento na residencia do CSHG.

Máis información e bases da convocatoria na sede electrónica da Xunta.

Exencións. Hai varios casos nos que o alumno queda exento de pagar a matrícula de forma total ou parcial. Os candidatos procedentes de familias numerosas de carácter especial, os que teñan una discapacidade igual ou superior ao 33% e as vítimas de actos terroristas ou violencia de xénero teñen unha exención do 100%. O desconto será do 50% para os que procedan dunha familia numerosa de carácter xeral.