Turismo de Galicia asina con Class One Group un acordo para usar o seu sistema de xestión hotaleira no CSHG para formar ao alumnado

Centro Superior de Hostelería de Galicia , Thu Oct 24 09:00:00 CEST 2024

A ferramenta permite a aprendizaxe na aula cun sistema de xestión informatizado e integrado dos departamentos de aloxamento, reservas e sistemas de Revenue Management dun establecemento

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e o presidente e CEO da empresa tecnolóxica Class One Group, Javier Sabariz, asinaron un convenio para mellorar a aprendizaxe do alumnado do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). Grazas a este acordo, a escola utilizará o Property Management System (PMS) desta empresa ubicada en Oleiros para ensinar ao alumnado a trabajar nun sistema de xestión informatizado e integrado dos departamentos de alojamiento, reservas e sistemas de Revenue Management dun establecemento. Este sistema aplicaráse nas seguintes materias:
    • Revenue Management (3º curso)
    • Revenue Management Avanzado (4º curso na Mención de Dirección Hoteleira)

O alumnado disporá de información completa dun establecemento con datos históricos de 15 anos. Esto permitirá que se familiaricen co seu manexo, coñezan os distintos módulos do sistema e poidan estimar os resultados. Dita información comprende:
    ▪ A tipoloxía do hotel e todas as súas habitacións coas características.
    ▪ Datos históricos para realizar predicións: prezos das habitacións, taxa de ocupación, rendemento por habitación e ingresos complementarios (alimentos e bebidas, etc.)
    ▪ Segmentación do hotel.

O alumnado poderá traballar en distintos aspectos do Revenue Management, relacionados cos prezos e xestión de inventario, establecendo cupos e tarifas por:
    ▪ Tipoloxía de habitación
    ▪ Réxime contratado
    ▪ Segmento de cliente
    ▪ Canle de distribución

¿Por que Class One Group?
A elección desta compañía xustifícase por varias razóns:
1. Tecnoloxía axeitada: Class One dispón da tecnoloxía necesaria que cubre a meirande parte da xestión operativa dun hotel, cun amplo rango histórico de datos.
2. Experiencia en formación: a empresa ten convenios firmados coa Universidade Complutense de Madrid e a Escola d’Hotelería de les Illes Balears.
3. Localización: é unha empresa galega ubicada no municipio de Oleiros.
4. Experiencia internacional: opera en Europa, América Latina e EE.UU., o que lle confire unha visión internacional dos mercados turísticos, reflectida na súa formación.
5. Colaboración gratuíta: a súa colaboración é gratuíta.