Curso Ponte 2026/27
Adaptación ao Grao en Xestión de Empresas Hosteleiras (Mención en Dirección Hoteleira).
Fechas clave do proceso de admisión 2026/27
Solicitude de admisión na USC
15–30 outubro
Publicación de persoas admitidas
6 novembro
Matrícula na USC e no CSHG
16 nov.–4 dec.
Inicio do Curso Ponte
Xaneiro de 2027
Paso 1 · Comproba os requisitos de acceso
Antes de solicitar a admisiónPoderá solicitar a adaptación o alumnado das seguintes titulacións:
Diploma Superior en Xestión Hoteleira
- Ter rematado o Diploma Superior antes de que finalice o prazo de admisión na USC.
- Dispoñer do título expedido pola USC ou ter solicitada a súa expedición e aboadas as taxas correspondentes.
Gran Diploma en Xestión e Dirección de Empresas Hosteleiras
- Estar en posesión do título de Gran Diploma.
- Solicitar ao CSHG o recoñecemento no Diploma Superior antes de que finalice o prazo de admisión na USC.
O CSHG enviará unha acreditación oficial na que constarán:
- A superación ou o recoñecemento do Diploma Superior.
- A nota media obtida.
- A modalidade de Curso Ponte correspondente.
Paso 2 · Solicita a admisión na USC
Do 15 ao 30 de outubro de 2026Presenta a solicitude de admisión ao Curso Ponte dentro do prazo establecido.
Acceder á solicitude na USCPaso 3 · Comproba a túa admisión
6 de novembro de 2026Consulta a publicación da lista de persoas admitidas.
Se obtiveches praza, poderás continuar coa matrícula na USC e, posteriormente, no CSHG.
Matrícula
Paso 4 · Formaliza a matrícula
Novembro–decembro de 2026A matrícula realízase primeiro na USC e despois no CSHG. Na matrícula da USC deberase indicar a materia optativa correspondente á modalidade asignada.
Matrícula na USC
1.ª convocatoria: 16–18 de novembro
2.ª convocatoria: 23–25 de novembro
Prazas vacantes: 1–2 de decembro
Matrícula posterior no CSHG
1.ª convocatoria: 18–20 de novembro
2.ª convocatoria: 25–26 de novembro
Prazas vacantes: 3–4 de decembro
Calendario académico
Xaneiro–xuño de 2027
Segundo semestre do curso 2026/27O Curso Ponte comezará en xaneiro de 2027 e coincidirá co segundo semestre do calendario académico 2026/27.
Prezos
O importe depende da modalidade académica asignada e do número de créditos ECTS que deba cursar cada estudante. O pagamento realizarase ao formalizar a matrícula.
Modalidade 1
382,50 €*
9 ECTS
Modalidade 2
425 €*
10 ECTS
Modalidade 3
637,50 €*
15 ECTS
Modalidade 4
680 €*
16 ECTS
*Prezo oficial da USC e do CSHG para o curso 2026/2027 (CSHG: 40 €/ECTS e USC: 2,46 €/ECTS —o 25 % da taxa pública—). A estes importes hai que engadir os gastos de secretaría da USC: 28,22 € (apertura do expediente, expedición da TUI e seguro escolar obrigatorio).
Preguntas frecuentes
Cantas prazas se ofertan cada ano?
Ofértanse 50 prazas por curso.
Como se asignan as prazas?
Por orde de nota media da titulación de orixe (Diploma Superior recoñecido).
É obrigatorio solicitar o recoñecemento se teño o Gran Diploma?
Si. É imprescindible para acceder ao Curso Ponte e solicitar a admisión na USC.
Que ocorre se xa solicitei o recoñecemento anteriormente?
Recibirás a acreditación automaticamente, sen necesidade de repetir o trámite.
Podo coñecer previamente as miñas posibilidades de obter praza?
Realizarase unha consulta previa non vinculante que informará do posto provisional segundo a nota media.
Que documento necesito para solicitar a admisión?
A acreditación emitida polo CSHG, na que figuran a superación ou o recoñecemento do Diploma Superior, a nota media e a modalidade de Curso Ponte.