Instalacións

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) dispón de 50.000 metros cadrados, cunha superficie con zonas verdes, grandes árbores e cinco edificios onde se desenvolve a actividade docente.

EDIFICIO DE AULAS DE TEORÍA E ADMINISTRACIÓN

De tres plantas, é o edificio principal onde teñen lugar as clases teóricas e se xestiona o centro. Dispón do seguinte equipamento:

  • 14 aulas (equipadas con novas tecnoloxías de última xeración).
  • Dúas aulas seminario.
  • Aulas de informática (dotadas con 32 equipamentos cada unha).
  • Dous laboratorios de idiomas (con 28 postos informatizados).
  • Aula cafetaría.
  • Biblioteca con máis de 9.000 volumes.
  • Despachos de dirección e profesorado.

RESTAURANTES

Os restaurantes son simuladores onde o alumnado de Servizos e Cociña, orientados e supervisados polos profesores, xestionan o buffet e o restaurante carta.

EDIFICIO DE FORMACIÓN CONTINUA

Alberga as aulas de cata de viños e cociña demostración e o departamento de Formación Continua.

RESIDENCIA

A residencia acolle o alumnado interno. Dispón do seguinte equipamento:

  • 180 prazas.
  • Sete cuartos de hotel que funcionan como aulas.
  • Aula de Recepción (14 prazas conectadas ao programa informático Ópera).
  • Lavandaría industrial.

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

A escola conta cunhas instalacións deportivas para que o alumnado poida exercitarse.

Dispón dunha pista cuberta e un ximnasio totalmente equipado. Ademais, hai pistas exteriores para a práctica de tenis, fútbol sala e baloncesto.

SEGURIDADE

Hai servizo de vixilancia privada permanente.

Non hai barreiras arquitectónicas e as instalacións están adaptadas para o uso de persoas con discapacidade física.

SANIDADE

Todo o alumnado dispón dunha póliza de accidentes con cobertura internacional as 24 horas. En caso de accidente, o alumnado debe avisar ao centro e será atendido no hospital policlínico La Rosaleda, en Santiago de Compostela. A póliza amplíase durante as prácticas ofrecendo servizo en centros sanitarios asociados.