Primeiro

Calendarios

Horarios de teoría no primeiro semestre

Horarios de teoría no segundo semestre

Horario de prácticas

O calendario académico do curso está organizado en semanas alternas, denominadas A e B. Segundo o grupo de clase asignado e a semana correspondente, o alumnado irá alternando unha semana de Teoría nas aulas do edificio principal (ver horario materias Teoría) e unha semana de Práctica (nos diferentes servizos ou partidas de Servizo e Cociña de cada aula de prácticas).

Cada grupo de clase de Teoría reorganizarase en subgrupos para as semanas de Prácticas. Por tanto en semanas A de prácticas, atopámonos con diversos grupos denominados B1, B2… C1, C2… e en semanas B, con grupos A1, A2… D1, D2…. Ditos grupos irán rotando polos diferentes servizos ou partidas durante todas as semanas prácticas indicadas no calendario académico do curso.

Os diferentes servizos ou partidas terán horarios diferenciados, pudendo abarcar franxas horarias de mañá ou de tarde. Tanto a asignación aos diferentes grupos de clase  de prácticas, como a estrutura das rotacións de prácticas e os seus horarios serán facilitados ao inicio de curso.

Sistema tutorial

  • Facilitar a integración e adaptación do alumnado de novo ingreso.
  • Informar, orientar, apoiar e asesorar ao alumnado na súa traxectoria académica e orientación profesional futura.
  • Realizar seguimento e apoio personalizado do alumnado no seu proceso de aprendizaxe, tanto no centro como durante as súas prácticas en empresas.
  • Fomentar a participación do alumnado no centro e a universidade, mediante accións individuais e grupais.

Prácticas en empresa

O plan de estudos propón que unha parte importante da formación práctica se consiga a través dunha estrutura de formación práctica e profesional, vinculada a materias específicas ou mediante practicum en empresas do sector (ou stage) totalmente titorizado, en todos os cursos da titulación e de maneira obrigatoria para todo o alumnado. No seu conxunto, o estudante debe cursar un total de 52 créditos ECTS de prácticas académicas en empresas.

Así, os estudantes teñen a oportunidade de poñer en práctica e adquirir coñecementos teóricos e prácticos, habilidades, destrezas, competencias, actitudes e valores nun ámbito profesional externo á escola. Durante as prácticas dispoñen dun titor académico no centro e un titor na empresa, que prestan apoio e realizan o seguimento de cada experiencia.

O CSHG conta aproximadamente coa colaboración dunhas 500 empresas, supoñendo no seu conxunto a realización de prácticas nun total aproximado de 200 establecementos ao ano, de carácter autonómico, nacional e internacional.