Centro Superior de Hostalería de Galicia - Aviso Legal e Política de Privacidade
Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portalweb do Centro Superior de Hostalería de Galicia (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición das persoas usuarias da internet.
A Xunta de Galicia é a titular deste e dos distintos elementos nel incluídos.
O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual deste sito web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A información dispoñible nesta App, está sometida a dereitos de copia. A información susceptible de reutilización está presente a través do portal abertos.xunta.gal, aínda que esta pode ser tamén atopada nos portales da Axencia de Turismo de Galicia e sometida aos mesmos dereitos que a situada no portal abertos.xunta.gal. A información que a Axencia de Turismo de Galicia proporciona a través do portal abertos.xunta.gal permite a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
- O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño da App e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.
Política de Cookies
O portal web do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.
Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como persoa usuaria, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.
Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Devandito isto, é preciso ter en conta que una mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.
Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:
- cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
- cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.
Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:
- cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
- cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.
Tipos de cookies segundo a súa finalidade:
- cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario/a polo Portal e o uso dos servizos dispoñibles nel.
- cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras nel.
- cookies de preferencias: aquelas que permiten lembrar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.
Descrición das cookies
Este portal emprega as seguintes cookies:
Tipo de cookie | Cookie | Finalidade | Política |
Propia | JSESSIONID | Mantén a sesión de usuarios na platafoma | Xunta de Galicia - Política de cookies |
Propia | COOKIE_SUPPORT | Rexistra si o navegador ten habilitadas as cookies | Xunta de Galicia - Política de cookies |
Propia | GUEST_LANGUAGE_ID | Rexistra as preferencias de idioma do usuario | Xunta de Galicia - Política de cookies |
Propia | LFR_SESSION_STATE_* | Xestiona a sesión do usuario na plataforma | Xunta de Galicia - Política de cookies |
De terceiros (Google) | __utmb | Úsase para determinar as sesións ou visitas novas | Google Analytics - Protección de datos |
De terceiros (Google) | __utmc | Para a interoperabilidade entre aplicacións | Google Analytics - Protección de datos |
De terceiros (Google) | __utmt | Úsase para regular as solicitudes de rede | Google Analytics - Protección de datos |
De terceiros (Google) | __utma | Úsase para distinguir usuarios e sesións. | Google Analytics - Protección de datos |
De terceiros (Google) | __utmz | Almacena datos estatísticos do usuario | Google Analytics - Protección de datos |
Servizos de terceiros
Adicionalmente, Centro Superior de Hostelería de Galicia ten presenza en portais e servizos de terceiros para os que, se se desexa coñecer as condicións de privacidade e uso de cookies, deberán consultarlle as políticas proporcionadas polos mesmos:
Twitter: https://twitter.com/es/privacy
Youtube: https://policies.google.com/technologies/cookies?hl=es&gl=es
Facebook: https://es-es.facebook.com/privacy/policy/?entry_point=facebook_page_footer
Instagram: https://about.instagram.com/es-la/safety
LinkedIn: https://es.linkedin.com/legal/privacy-policy?_l=es_ES
Condicións de uso
A información turística elaborada a partir da actividade desenvolvida pola Axencia de Turismo de Galicia, é obxecto de propiedade intelectual e goza da protección recoñecida polo Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1996 de 12 de abril.
A obtención e elaboración da devandita información por parte da Axencia de Turismo de Galicia lévanse a cabo coa maior fiabilidade que posibilita o nivel tecnolóxico actual, provendo devandito servizo segundo os medios dispoñibles en cada momento.
A información divulgada a través desta aplicación ofrécese gratuitamente á cidadanía para que poida ser utilizada libremente por ela, co único compromiso de mencionar expresamente á Axencia de Turismo de Galicia como fonte da mesma cada vez que as utilice para os usos distintos do particular e privado.
A Axencia de Turismo de Galicia declina toda responsabilidade sobre os danos e prexuízos que puidesen ser ocasionados pola interpretación e o uso da información posta a disposición da cidadanía a través da aplicación.
A Axencia de Turismo de Galicia non garante a presentación da totalidade da información turística de forma continua na web e resérvase o dereito a modificar, engadir ou eliminar a información contida nela.
No portal web do Centro Superior de Hostalería as persoas usuarias poden encher un formulario de inscrición onde se ofrecen varias formas de coñecer o centro: visitas virtuais, visitas ao propio CSHG e presentacións en hoteis e en feiras de educación.
Doutro lado, todo alumnado que desexe comezar os seus estudos no grao dean Xestión de Empresas Hostaleiras da Universidade de Santiago de Compostela unha vez que solicitasen e fóralles aprobada a praza poden descargarse o formulario de matrícula que se atopa dentro do portal.
Dentro do propio portal existe a opción de acceder ao “Campus virtual” que é a plataforma de formación do CSHG onde se poderá visualizar todos aqueles cursos nos que se estea rexistrado como alumno/a. Unha vez se deron de alta no campus aos alumnos co correo antes mencionado, as credenciais de acceso enviaranse automaticamente.
Política de privacidade e protección de datos persoais
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos:
Quen é o responsable do tratamento
O responsable do tratamento é a Axencia de Turismo de Galicia (en diante, a Axencia) con domicilio en Crta. Santiago – Noia Km.3, 15897, Santiago de Compostela (A Coruña), web: https://www.turismo.gal
Quen é o/a delegado/a de protección de datos
Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia
Finalidades, bases de lexitimación e datos recompilados
Este portal web so recolle datos persoais facilitados pola propia persoa usuaria, por se quere inscribirse para coñecer o Centro Superior de Hostalería de Galicia. Á súa vez, dentro do propio portal web pódese atopar o formulario de matrícula que non vai poder tramitarse por medio do portal, senón de forma física no centro.
A Axencia levará a cabo o tratamento dos datos na súa condición de responsable para as finalidades e de acordo coas bases de lexitimación mostradas a continuación:
- Formulario visita ao CSHG: cumprimento dunha misión realizada é de interese público baseada na lei 7/2011, do 27 de outubro, de Turismo de Galicia e no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.
Os datos persoais solicitados e tratados correspóndense coas categorías seguintes:
- Datos identificativos e de contacto comúns ao formulario de visita: nome e apelidos, correo electrónico e número de teléfono.
Os datos das persoas que se rexistren no portal poderán ser utilizados cos seguintes fins:
- Formulario de inscrición de visita: formalizar a reserva de praza para a visita ao CSHG ou a praza para as outras presentacións que teñen lugar fose do propio centro (en liña ou feiras).
Prazo de conservación dos datos
- Os datos conservaranse ata que se cumpra cos finalidades obxecto do seu respectivo tratamento ou mentres non se exerciten os dereitos garantidos.
Cesión ou comunicacións dos datos
- Os datos non serán obxecto de cesión ou comunicación a terceiros durante o seu tratamento ou unha vez cumpridos as súas finalidades, durante o seu prazo de conservación, salvo para o cumprimento de obrigacións legais específicas aplicables.
Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais
Se desexa consultar máis información sobre o exercicio de dereitos pode facelo en: Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais - Xunta de Galicia
Modificación da Política de privacidade
A Axencia resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.
Máis información
Pode ampliar esta información pulsando aquí
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos, como mínimo, en galego e castelán.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.