Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras

O grao en Xestión de Empresas Hostaleiras é un programa innovador que ofrece ao estudante unha visión completa e integral dos negocios hostaleiros dentro da industria hoteleira, restauración, agroalimentaria, eventos e turismo en xeral. Nun programa que combina, en cada curso, a formación teórica e práctica no campus, complementada con prácticas en empresas de referencia nacional e internacional. O estudante obterá as habilidades e capacidades necesarias para desempeñar postos de liderado e xestión en empresas líderes a nivel mundial.

O alumnado aprenderá principios básicos no servizo ao cliente, a xestión operativa, as habilidades interpersoais e o uso da intelixencia emocional na xestión de persoas, nun contexto profesional de marcado carácter multicultural e internacional.

O enfoque práctico da titulación conséguese cunha metodoloxía de grupos reducidos, en clases e instalacións deseñadas para simular situacións reais en diferentes negocios hostaleiros, e coa inmersión no mundo laboral a través de prácticas en empresas hoteleiras e restauración. O obxectivo é que o alumno/a desempeñe tarefas no ámbito global da organización, a nivel directivo ou en calquera das súas áreas funcionais e departamentos, tanto a nivel operativo como estratéxico: Alimentos e Bebidas, Aloxamento, Recursos Humanos, Mercadotecnia, Administración e Finanzas, …., mediante unha aprendizaxe intensiva e uso de varias linguas estranxeiras e das TIC.

O plan de estudos deste grao está deseñado para capacitar a mozos/as e profesionais que teñan unha clara vocación hostaleira, de modo que poidan desenvolver de forma inmediata a súa profesión, tanto desde unha perspectiva dos negocios hoteleiros como no ámbito da restauración.  O grao contempla dúas mencións: mención en Dirección Hoteleira e mención en Gastronomía. A configuración do plan de estudos inclúe formación común para ambas mencións e formación específica de cada unha, segundo a súa orientación, competencias a adquirir polos estudantes e perfís profesionais de saída.

Duración: 4 cursos

Número prazas: 75

Nota de corte no curso precedente: 6,018

Responsable do título: José Paz Gestoso

Coordinador dotítulo: José Bendaña Doce. coordinacionacademica@cshg.es

Linguas de uso: Castelán e galego

Universidade coordinadora: Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 27 de xullo de 2022 

Data de publicación no BOE: 5 de abril de 2023 Pincha aquí

Información xeral Curso 2025/26: Pincha aquí

Información xeral

A titulación capacita e achega os coñecementos, habilidades, destrezas, actitudes e valores ao egresado/a para ocupar postos de responsabilidade en organizacións empresariais hostaleiras, en xeral e de maneira diferenciadora, proporcionándolle competencias que lle posibilitan especialmente exercer postos de dirección e xestión en diversas funcións do ámbito gastronómico ou hostaleiro, tanto a nivel operacional como estratéxico, o que lle permitirá achegar valor ás empresas e entidades onde desenvolva a súa actividade profesional.
 
O graduado/a debe coñecer e ser capaz de xestionar todas estas áreas funcionais, tendo en conta a súa vinculación cos obxectivos xerais da empresa e destes co contexto global da economía, contribuíndo ao bo funcionamento e á mellora dos resultados, ben sexa no ámbito do aloxamento como no gastronómico, favorecendo o desenvolvemento sustentable e respectando a diversidade e multiculturalidade: organizar e analizar a información, identificar oportunidades, definir obxectivos e estratexias, planificar, deseñar e asignar recursos, dirixir e motivar persoas, resolver problemas e tomar decisións, alcanzar obxectivos e avaliar resultados. Estas tarefas pódense desenvolver no ámbito global da organización a nivel directivo ou en calquera das súas áreas funcionais e/ou departamentos: Alimentos e Bebidas, Aloxamento, Recursos Humanos, Comercialización, Administración e Finanzas,… e tanto a nivel operacional como estratéxico.

BÁSICAS

B1.►Que os estudantes demostrasen poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e que se pode atopar a un nivel que, se ben apóiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo (a xestión e dirección de empresas hosteleiras).

B2.► Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo a vocación dunha forma profesional e teñan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo (ámbito das empresas hosteleiras).

B3.► Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes, de índole social, científica ou ética (normalmente no seu campo de estudo).

B4.►Que os estudantes podan transmitir información, ideas, metodoloxías, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, tanto mediante comunicación oral como escrita no seu ámbito de estudo.

B5.►Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía en todo tipo de contextos.

 

XERAIS

T1- Capacidade de xestión da información, análise e síntese.

T2- Capacidade de organización e planificación.

T3- Comunicación oral e escrita no ámbito empresarial.

T4- Coñecementos de informática e TIC relativos ao ámbito de estudo.

T5- Resolución de problemas e toma de decisións.

T6- Traballo en equipo.

T7- Traballo nun contexto internacional.

T8- Habilidades nas relacións interpersonais e resolución de conflictos.

T9- Recoñecemento á diversidade e a multiculturalidade.

T10- Razoamento crítico, compromiso ético e social.

T11- Aprendizaxe autónomo permanente e adaptación a novas situacións.

T12- Liderazgo responsable.

T13- Iniciativa, espíritu emprendedor, resiliencia e orientación ao logro.

T14- Motivación pola mellora continua da calidade e a sustenabilidade medioambiental

T15- Deseño e xestión de proxectos.

T16- Habilidades de investigación e curiosidade intelectual.

T17- Capacidade para poñer en práctica os coñecementos con perspectiva social e de crecemento.

 

AV1- Vocación de servizo e espíritu de colaboración.

AV2-Orde, hixiene, disciplina, puntualidade e imaxe persoal, de maneira proactiva.

AV3- Respecto, tolerancia e responsabilidade persoal e profesional.

AV4- Autoconfianza e seguridade.

 

ESPECÍFICAS

E1-Comprender os principios do turismo e analizar a súa dimensión económica, así como o seu carácter dinámico e evolutivo.

E2- Recoñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas e os principais axentes turísticos, nos que se enmarca a actividade hosteleira.

E3-Convertir un problema empírico nun obxecto de investigación turística.

E4-Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.

E5-Analizar, sintetizar e resumir a información económico-patrimonial das organizacións hosteleiras.

E6-Xestionar os recursos financieiros nas empresas do sector hosteleiro.

E7-Definir obxectivos, estratexias e políticas de comercialización das empresas do sector hosteleiro.

E8-Dirixir e xestionar os distintos tipos de organizacións hosteleiras (aloxativas e gastronómicas).

E9-Manexar técnicas de comunicación.

E10-Comprender o marco legal e fiscal que regula as actividades hosteleiras.

E11-Comunicarse de forma oral e escrita en inglés ou nunha segunda lingua extranxeira.

E12-Coñecer e  aplicar o procedemento operativo do ámbito de aloxamento.

E13-Coñecer e aplicar o procedemento operativo do ámbito de restauración e a gastronomía.

E14-Analizar e utilizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) no sector hosteleiro.

E15-Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións do sector hosteleiro.

E16-Comprender o funcionamiento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.

E17-Traballar en entornos socioculturais diferentes vinculados coa actividade hosteleira.

E18-Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións hosteleiras (aloxativas e de restauración).

E19- Comprender a importancia da sustentabilidade, tanto a nivel económico, social e ambiental, contribuíndo ao desenvolvemento sustentable no ámbito gastronómico e hoteleiro.

E20-Identificar, investigar e avaliar problemas, xerar novas ideas e conceptos de maneira creativa e aplicar solucións ao deseño e definición de propostas innovadoras no ámbito gastronómico e hoteleiro..

La movilidad del alumnado está regulada por el «Reglamento de intercambios interuniversitarios de estudiantes". A través del Servicio de Relaciones Exteriores se gestionan programas de intercambio tanto nacionales (SICUE) como europeos (ERASMUS) y extracomunitarios (intercambios con países de América Latina o países de habla inglesa).

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) conta con tres regulamentos de obrigado cumprimento para o funcionamento académico e de conduta do alumnado:

  1. Regulamento interno. Este regulamento establece as normas básicas que rexen o desenvolvemento das actividades da escola co obxecto de garantir o seu correcto funcionamento. O alumnado está obrigado a coñecer e respectar estas normas.
  2. Regulamento de prácticas. O stage ou prácticas en empresas constitúe unha parte integrante do proceso formativo na que o alumnado entra en contacto coa realidade do sector hostaleiro. Tamén lles afecta a normativa da USC e, no seu caso, as guías docentes das materias que teñan incorporada formación práctica en empresas.
  3. Regulamento da residencia de estudantes. Este regulamento é de aplicación ao alumnado interno. Tamén lles son aplicables as disposicións e normas xerais de disciplina académica previstas no regulamento interno.

O SGC marco da USC deseñouse seguindo o modelo da axencia de calidade nacional e autonómica ACSUG, e estaba articulado inicialmente en sete directrices de acordo co programa FIDES-AUDIT pasando a distribuírse en seis directrices na súa última versión, que dá resposta aos criterios e directrices europeos para a garantía da calidade (ESG).

A USC aprobou o primeiro sistema marco en decembro de 2009 e foi simplificado posteriormente no ano 2013. Despois de cinco anos de vixencia, en febreiro de 2018 a Comisión de Calidade e Planificación delegada do Consello de Goberno aprobou unha modificación do sistema consistente na simplificación da documentación que busca a implantación efectiva e eficaz nos centros e a creación dun nivel institucional que asegure os criterios e directrices europeos naqueles ámbitos de decisión que recaen na institución.

A nova estrutura da documentación está formada por un nivel institucional e un nivel de centro que contan cun manual do sistema e cun manual de procesos que asegure a toma de decisións nos diferentes órganos responsables, a dispoñibilidade dos recursos necesarios e a mellora continua dos programas formativos e do propio funcionamento do sistema.

O centro adaptou devanditos manuais, dentro do marco de actuación no proceso de verificación do grao en Xestión de Empresas Hostaleiras, dispoñendo dun manual do sistema e un manual de procesos do CSHG, na súa primeira edición.

Comisión de Calidad: Para maior información pódese consultar o Sistema de Garantía de Calidade da universidade, na Área de Calidade e Mellora de Procedementos da USC.

Membros da Comisión de Calidade do CSHG:

  • Director: Jose Paz Gestoso
  • Coordinador Académico: José Bendaña Doce (Coordinador del Título de Grado)
  • Responsable de Calidade: Patricia Murias Gil
  • Secretario do Centro: José Luis Sieira López
  • Representante di Profesorado: Andrés Nieto Vidal
  • Representante do Personal de Apoyo a la labor docente: José Sánchez Vidal
  • Representante dos PAS: Nuria Sánchez Vázquez
  • Representante do alumnado:

Organización

O calendario académico do curso está organizado en semanas alternas, denominadas A e B. Segundo o grupo de clase asignado e a semana correspondente, o alumnado irá alternando unha semana de Teoría nas aulas do edificio principal (ver horario materias Teoría) e unha semana de Práctica (nos diferentes servizos ou partidas de Servizo e Cociña de cada aula de prácticas).

Cada grupo de clase de Teoría reorganizarase en subgrupos para as semanas de Prácticas. Por tanto en semanas A de prácticas, atopámonos con diversos grupos denominados B1, B2… C1, C2… e en semanas B, con grupos A1, A2… D1, D2…. Ditos grupos irán rotando polos diferentes servizos ou partidas durante todas as semanas prácticas indicadas no calendario académico do curso.

Os diferentes servizos ou partidas terán horarios diferenciados, pudendo abarcar franxas horarias de mañá ou de tarde. Tanto a asignación aos diferentes grupos de clase  de prácticas, como a estrutura das rotacións de prácticas e os seus horarios serán facilitados ao inicio de curso.

As funcións son:

  • Facilitar a integración e adaptación do alumnado de novo ingreso.
  • Informar, orientar, apoiar e asesorar ao alumnado na súa traxectoria académica e orientación profesional futura.
  • Realizar seguimento e apoio personalizado do alumnado no seu proceso de aprendizaxe, tanto no centro como durante as súas prácticas en empresas.
  • Fomentar a participación do alumnado no centro e a universidade, mediante accións individuais e grupais.

O plan de estudos propón que unha parte importante da formación práctica se consiga a través dunha estrutura de formación práctica e profesional, vinculada a materias específicas ou mediante practicum en empresas do sector (ou stage) totalmente titorizado, en todos os cursos da titulación e de maneira obrigatoria para todo o alumnado. No seu conxunto, o estudante debe cursar un total de 52 créditos ECTS de prácticas académicas en empresas.

Así, os estudantes teñen a oportunidade de poñer en práctica e adquirir coñecementos teóricos e prácticos, habilidades, destrezas, competencias, actitudes e valores nun ámbito profesional externo á escola. Durante as prácticas dispoñen dun titor académico no centro e un titor na empresa, que prestan apoio e realizan o seguimento de cada experiencia.

O CSHG conta aproximadamente coa colaboración dunhas 500 empresas, supoñendo no seu conxunto a realización de prácticas nun total aproximado de 200 establecementos ao ano, de carácter autonómico, nacional e internacional.

Materias por curso

Traballo fin de grao

O Traballo de Fin de Grao (TFG) contribúe a verificar a adquisición polo estudante de coñecementos, competencias, habilidades e resultados da aprendizaxe referenciados no plan de estudos, facilitando a súa posta en práctica de maneira tutelada e permitindo que o alumnado obteña unha visión global tanto do seu proceso formativo como da realidade do sector gastronómico e hostaleiro. A súa elaboración require coñecementos interdisciplinares e o alumnado aprende facendo, adquirindo unha metodoloxía de análise, resolución de problemas e toma de decisións necesaria para a súa futura práctica profesional.

O TFG consiste na elaboración dun proxecto de ámbito empresarial que implique a integración e posta en práctica dos devanditos coñecementos e competencias de diferentes áreas de coñecemento, cunha visión global e integrada ou permitindo a especialización nun ámbito específico do currículo do plan de estudos. O contido do TFG poderá supoñer a realización dunha análise crítica da realidade empresarial ou o desenvolvemento dunha proposta adecuadamente valorada, así como a súa posible implementación e posta en práctica.