Instalacións
O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) dispón de 50.000 metros cadrados, cunha superficie con zonas verdes, grandes árbores e cinco edificios onde se desenvolve a actividade docente.
EDIFICIO DE AULAS DE TEORÍA E ADMINISTRACIÓN
De tres plantas, é o edificio principal onde teñen lugar as clases teóricas e se xestiona o centro. Dispón do seguinte equipamento:
- 14 aulas (equipadas con novas tecnoloxías de última xeración).
- Dúas aulas seminario.
- Aulas de informática (dotadas con 32 equipamentos cada unha).
- Dous laboratorios de idiomas (con 28 postos informatizados).
- Aula cafetaría.
- Biblioteca con máis de 9.000 volumes.
- Despachos de dirección e profesorado.
RESTAURANTES
Os restaurantes son simuladores onde o alumnado de Servizos e Cociña, orientados e supervisados polos profesores, xestionan o buffet e o restaurante carta.
EDIFICIO DE FORMACIÓN CONTINUA
Alberga as aulas de cata de viños e cociña demostración e o departamento de Formación Continua.
RESIDENCIA
A residencia acolle o alumnado interno. Dispón do seguinte equipamento:
- 180 prazas.
- Sete cuartos de hotel que funcionan como aulas.
- Aula de Recepción (14 prazas conectadas ao programa informático Ópera).
- Lavandaría industrial.
PAVILLÓN POLIDEPORTIVO
A escola conta cunhas instalacións deportivas para que o alumnado poida exercitarse.
Dispón dunha pista cuberta e un ximnasio totalmente equipado. Ademais, hai pistas exteriores para a práctica de tenis, fútbol sala e baloncesto.
SEGURIDADE
Hai servizo de vixilancia privada permanente.
Non hai barreiras arquitectónicas e as instalacións están adaptadas para o uso de persoas con discapacidade física.
SANIDADE
Todo o alumnado dispón dunha póliza de accidentes con cobertura internacional as 24 horas. En caso de accidente, o alumnado debe avisar ao centro e será atendido no hospital policlínico La Rosaleda, en Santiago de Compostela. A póliza amplíase durante as prácticas ofrecendo servizo en centros sanitarios asociados.