Información sobre Santiago de Compostela
O Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) atópase en Santiago de Compostela, no lugar da Barcia. As instalacións están a un quilómetro da cidade, nunha contorna tranquila e de amplas zonas verdes. Desde o centro, os accesos á cidade son bos, pois conta cunha importante rede pública de transportes.
O visitante ten facilidades para chegar a Santiago desde calquera punto xeográfico e a través de calquera medio de transporte. As estacións de tren e autobuses sitúanse na mesma urbe no mesmo emplazamento, mentres que o aeroporto está a 14 km de distancia.
Se un quere visitar o centro histórico, atópase preto, a tres quilómetros de distancia da escola, o que supón un traxecto de dez minutos en autobús. Santiago de Compostela é máxica. Desde 1984 é Patrimonio da Humanidade e posúe numerosos premios e distincións que recoñecen o seu labor de conservación do patrimonio. Conta con aproximadamente 100.000 habitantes e dispón dunha importante universidade con máis de 30.000 estudantes, o que lle dá ese aire de frescura e actividade propia dun importante centro universitario.
Santiago non só ofrece historia e monumentos. Como capital de Galicia é unha cidade nova e dinámica , cunha nutrida programación cultural durante todo o ano, onde o visitante pode gozar de concertos, representacións teatrais, exposicións e actos culturais diversos en modernas infraestruturas.
É un referente relixioso a nivel mundial. A catedral é o destino final da peregrinación do Camiño de Santiago que, ano tras ano, realizan máis de 3,5 millóns de visitantes procedentes de todo o mundo.
Cidade milenaria, pero á vez moderna, ofrece moitos atractivos. A cidade histórica é o centro. Correspóndese co espazo que desde o século XI en diante foi delimitado cunha muralla, hoxe desaparecida. No centro histórico concéntrase boa parte dos monumentos visitables, un comercio moi activo, numerosos aloxamentos e establecementos gastronómicos, así como institucións, museos, fundacións e os edificios máis antigos da Universidade de Santiago; pero tamén vivendas, mercados, cafés e bares que fan da zona un espazo vivo e dinámico.
Unha das antigas portas da muralla, a Porta Faxeira, é o acceso desde o centro histórico á Alameda. Este parque urbano esténdese entre a zona monumental, o Campus Sur Universitario e o Ensanche, zona nova cara a onde creceu a cidade nos últimos anos.
Contactos útiles
CONSULTA MÉDICA ORDINARIA
Ambulatorio Concepción Arenal. Santiago León de Caracas, 12. Imprescindible solicitar cita previa no teléfono: 981 527 000
Atención de urxencia. Hospital Clínico. Vidán s/n. Entrar polo PAC. Tel: 981 950 000
Teléfono de emerxencias médicas: 061
SEGURIDADE
Santiago de Compostela é unha cidade segura na cal é posible pasear de día e de noite con tranquilidade. No entanto, ante calquera incidente, pódese acudir aos seguintes servizos. En caso de necesitar axuda co idioma, pode solicitar a asistencia dos informadores nas oficinas turísticas.
Oficina municipal da rúa Trindade. Teléfono: 981 543 027 / 981 542 323
Extravío ou roubo de documentación: Policía Nacional. Rodrigo de Padrón, 3 Tel: 981 551 100. Urxencias: 091
Outras denuncias por seguridade persoal: Policía Municipal. Pazo de Raxoi s/n. Tel: 981 542 323
Policía Nacional. Rodrigo de Padrón, 3. Tel: 981 551 100
Policía Municipal. Pazo de Raxoi s/n. Tel: 981 542 323
Urxencias: 092 Policía Nacional. Rodrigo de Padrón, 3. Tel: 981 551 100 / Urxencias: 091
TELÉFONOS DE EMERXENCIAS
Emerxencias xerais 24h: 112
Bombeiros: 080
Garda Civil: 062
Lumes forestais: 085
Policía Local: 092
Policía Nacional: 091