Tarifas
Matrícula Curso 2026/27
Para o curso 2026-2027, o importe da matrícula por curso establécese en:
3.500 €
Estudar o Grao en Xestión de Empresas Hosteleiras (CSHG) inclúe por curso:
- Dereitos de matrícula
- Apertura de expediente e servizos xerais
- Sesións teóricas, prácticas e titorías
- Uniformes de prácticas
- Set de utensilios de traballo (cociña e servizos)
- Excursións de carácter docente
- Almorzo de luns a venres (durante o período lectivo)
- Uso das instalacións deportivas do CSHG
Residencia no Campus
Existe a opción de aloxarse na residencia do propio campus o importe da matrícula por curso establécese en:
3.638,28 €
E inclúe o seguinte:
- Cuarto dobre compartido
- Pensión completa de luns a venres (durante o período lectivo)
- Seguridade as 24 horas
- Servizo de limpeza e roupa de cama e baño incluídas
- Lavadoras e secadoras dispoñibles
- Cociña e zonas comúns de uso exclusivo para o alumnado residente
Bolsas do CSHG Curso 2026/27
As bolsas do CSHG para o curso académico 2026-2027 son as seguintes:
Prazo de solicitude: do 4 de xuño ao 3 de xullo
Podes solicitar unha Bolsa Ordinaria ou unha Bolsa de Excelencia a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia .
Ver convocatoria oficial no Diario Oficial de Galicia.
Bolsa Ordinaria
25 bolsas dispoñibles
- Cobre ata o 80% da matrícula.
- Prezo final estimado: 700 €.
- Valóranse a renda familiar e a nota de acceso.
- Código de procedemento: TU200A.
Bolsa de Excelencia
8 bolsas dispoñibles
- Para unha nota superior a 8 na PAU/ABAU ou nun Ciclo Formativo de Grao Superior.
- Matrícula gratuíta.
- Aloxamento gratuíto na residencia, en habitación compartida.
- Código de procedemento: TU200C.
Información importante
- Ao formalizar a matrícula aboarase únicamente un anticipo de matrícula de 350 €.
- IMPORTANTE: Só se poderá solicitar unha modalidade de bolsa.
Bolsas para galegos residentes no estranxeiro
Convocatoria pechada
Exencións
Exencións e Bonificacións de Matrícula
Existen diferentes supostos nos que o alumnado pode quedar exento total ou parcialmente do pagamento da matrícula.
Familias Numerosas
100% de exención para categoría especial.
50% de exención para categoría xeral.
Matrícula de Honra
Exención do 100% na primeira matrícula para estudantes con Matrícula de Honra en Bacharelato.
Discapacidade
Exención total para estudantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
Protección Especial
Exención do 100% para vítimas de terrorismo e vítimas de violencia de xénero.
As exencións e bonificacións aplicables regúlanse no artigo 7 do DOG publicado pola Xunta de Galicia.
Consultar normativa oficialBolsas do CSHG Curso 2026/27
- 8 bolsas de excelencia - . O expediente académico (BAC + fase xeral da ABAU ou ciclo formativo superior) debe ser dun 8 ou superior. Reciben a axuda as seis mellores puntuacións. Cubre o 100% de la matricula e o aloxamento na residencia do CSHG.
As axudas renóvanse cada curso, ata finalizar a titulación, sempre que o alumno supere o curso cunha nota mínima dun 20% por riba da media da clase.
Información e enlace ao procedemento pincha aquí
- 25 bolsas ordinarias - Puntúan os ingresos familiares nun 60% e o expediente académico (BAC + fase xeral da PAU ou ciclo formativo superior) nun 40%. Cubre o 80% da matrícula.
Renóvanse cada curso, ata finalizar a titulación, sempre que o alumno supere o curso e as condicións económicas non sobrepasen os límites das bases da convocatoria.
Información e enlace ao procedemento pincha aquí
- 10 bolsas para galegos residentes no estranxeiro - Cubre o 80% da matricula.