Matrícula

Datas clave do proceso de matrícula 2026/27 · Inicio de Estudos

Solicitude de praza en NERTA
12–25 xuño
Publicación de admitidos
7 xullo
Matrícula na USC e CSHG
8–9 xullo
Inicio do curso
7 setembro

Paso 1 · Solicita a túa praza en NERTA

Do 12 ao 25 de xuño

NERTA é a plataforma oficial de preinscrición universitaria de Galicia.

Acceder a NERTA

Obrigatorio. Sen este paso non poderás acceder ao grao.

Unha vez finalizado o proceso, envía o xustificante PDF a: info.cshg@xunta.gal

Paso 2 · Comproba a túa admisión

7 de xullo

Consulta o resultado en NERTA.

Se fuches admitido/a poderás continuar coa matrícula. En caso contrario permanecerás en lista de espera para posteriores chamamentos.

Paso 3 · Matrícula na USC

Do 8 ao 9 de xullo

Realiza a matrícula a través da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Acceder á matrícula da USC

Só necesitarás o teu DNI e a túa data de nacemento.

⚠ Se non realizas a matrícula dentro deste prazo perderás a praza adxudicada.

Paso 4 · Completa a túa matrícula no CSHG

Despois de matricularte na USC

Recibirás un SMS ou correo electrónico coas instrucións para acceder á Secretaría Virtual do CSHG e completar o proceso.

As prazas de residencia asígnanse por orde de matriculación.

Paso 5 · Sube a documentación

Nos 10 días posteriores á matrícula
  • Xustificante bancario do pagamento.
  • Fotografía tamaño carné.
  • Copia do DNI.
⚠ Obrigatorio. A matrícula non quedará finalizada ata entregar toda a documentación.

Paso 6 · Solicita convalidacións

Unha vez matriculado/a

Se tes estudos previos, poderás solicitar o recoñecemento ou a convalidación de materias.

Inicio do curso · 7 de setembro de 2026

O alumnado residente poderá incorporarse á residencia desde o 6 de setembro a partir das 12:00 h.

Necesitas máis información?

Consulta a guía completa de matrícula, documentación necesaria, prezos, formas de pagamento e preguntas frecuentes.

Consultar información xeral de matrícula

Matrícula de Continuación de Estudos

Prazo de matrícula: do 22 ao 23 de setembro.

O alumnado que continúa os seus estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia deberá completar o proceso de matrícula seguindo as dúas fases indicadas a continuación.

Paso 1

Realizar a matrícula na USC

O primeiro paso consiste en formalizar a matrícula na Universidade de Santiago de Compostela (USC) dentro dos prazos establecidos para o correspondente curso académico.

Paso 2

Realizar a matrícula no CSHG

Unha vez completada a matrícula na USC, deberás formalizar a matrícula correspondente ao Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

Importante: Recibirás unha mensaxe SMS ou un correo electrónico coas instrucións necesarias para acceder á Secretaría Virtual do CSHG e completar o proceso.

Requisitos de acceso

Requisitos de Acceso

Os candidatos que queiran acceder ao Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) deberán estar en posesión dos títulos, diplomas ou estudos requiridos, ou doutros declarados equivalentes ou homologados.

Candidatos que proveñen do Sistema Educativo Español

É preciso cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:

  • Ter superado os estudos de COU ou Bacharelato e as probas de acceso á universidade (ABAU).
  • Ter superado un Ciclo Formativo de Grao Superior.
  • Dispor dun título universitario homologado.
  • Ter superado a proba de acceso para maiores de 25 anos.
  • Persoas maiores de 45 anos que superen unha proba específica.
  • Persoas maiores de 40 anos con experiencia laboral ou profesional relacionada coa ensinanza universitaria.
  • Persoas que estivesen en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións anteriores do Sistema Educativo Español.

Os estudantes procedentes de centros educativos en España que sigan un sistema educativo dun país da Unión Europea deberán solicitar unha credencial á UNED que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso á universidade.

Candidatos Estranxeiros da Unión Europea

(Sistema educativo dun país da UE distinto de España)

  • Ter superado o equivalente ao segundo de Bacharelato español no sistema educativo do país de procedencia.
  • Ou estar en posesión do Bacharelato Internacional.
  • Realizar a homologación dos estudos preuniversitarios a través do Ministerio de Educación.

Candidatos Estranxeiros · Resto do Mundo

(Sistema educativo dun país que non pertenza á Unión Europea)

  • Ter superado o equivalente ao segundo de Bacharelato español no sistema educativo de procedencia.
  • Solicitar a homologación dos estudos preuniversitarios ante o Ministerio de Educación.
  • O proceso de homologación pode tardar aproximadamente tres meses.

Recoméndase iniciar os trámites de homologación coa maior antelación posible para garantir que a documentación estea dispoñible durante o proceso de admisión.

Créditos a matricular por curso

O alumnado debe matricularse do curso completo o primeiro ano (60 créditos ECTS). Un máximo do 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).

A partir do segundo curso, o alumnado debe matricularse do curso completo (60 créditos) polo menos na primeira ocasión. Non poderá matricularse en máis de 75 créditos por curso e deberá matricularse obrigatoriamente das materias pendentes do curso anterior.

Parámetros de ponderación de materias de opción e troncais de modalidade

Ponderacións ABAU para o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras

A continuación preséntanse as ponderacións das materias da Proba de Acceso á Universidade (ABAU) aplicables ao acceso ao Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.

Información: As ponderacións indicadas corresponden á última táboa publicada e poden estar suxeitas a actualización por parte dos organismos competentes.
MateriaPonderación
Bioloxía 0,2
Empresa e Deseño de Modelos de Negocio 0,2
Matemáticas II 0,2
Matemáticas Aplicadas ás CCSS II 0,2
Química 0,2
Xeografía 0,2
2ª Lingua Estranxeira 0,2
Artes Escénicas 0,1
Debuxo Técnico II 0,1
Deseño 0,1
Física 0,1
Movementos Culturais e Artísticos 0,1

Recomendación: As materias cunha ponderación de 0,2 son as que máis contribúen á nota de admisión e permiten acadar a máxima puntuación posible para o acceso ao grao.

Acceso para maiores de 40 anos para o curso 2025/26

As persoas interesadas deben cumprir, ou ter cumpridos, 40 anos antes do 1 de xaneiro de 2026.

Ademais, deben acreditar experiencia laboral e profesional relacionada co grao que se desexa cursar, superar unha entrevista persoal de adecuación da experiencia ao perfil do grao solicitado, e non posuír ningunha titulación académica que lles permita acceder á universidade por outra vía.

Recoñecemento de créditos

Recoñecemento de Créditos

O CSHG dispón actualmente de táboas de recoñecemento de créditos para diversas titulacións universitarias e ciclos formativos. Isto permite validar materias xa superadas e reducir a carga académica do grao.

Grao en Administración e Dirección de Empresas (USC)
34 ECTS
Grao en Ciencias Empresariais (UDC)
40 ECTS
Grao en Turismo (Universidade de Alacante)
38 ECTS
Dirección de Cociña
54 ECTS
Dirección de Servizos de Restauración
54 ECTS
Xestión de Aloxamentos Turísticos
45 ECTS
Administración e Finanzas
36 ECTS
Marketing e Publicidade
41 ECTS
Comercio Internacional
38 ECTS
Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
38 ECTS
Ensinanza e Animación Sociodeportiva
6 ECTS

Información importante: tamén se pode solicitar o recoñecemento de créditos procedentes doutras titulacións universitarias e ciclos de Formación Profesional. Cada solicitude será estudada individualmente conforme á normativa académica vixente.

Orientación aos novos alumnos

A USC dispón dun programa específico de información e difusión da oferta académica da universidade, onde se inclúe información sobre o CSHG. Á súa vez conta cunha unidade específica dirixida á orientación preuniversitaria, a Oficina de Información Universitaria ( OIU), cun servizo de participación e integración universitaria ( SEPIU) que traballa na integración de persoas con discapacidade e un Programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios ( PATEX).

O CSHG dispón de programas propios de información e difusión da súa oferta de estudos a través da súa web. Dispón dun programa de xornadas de portas abertas e visitas virtuais, ofrecendo aos futuros estudantes a posibilidade de realizar entrevistas persoais de orientación.

A comezo de curso, a USC realiza todos os anos xornadas de acollida nos seus centros universitarios, organizadas polo vicerreitorado con competencia en asuntos estudantís (Vicerreitorado Estudantes, Cultura e Formación Continua), que teñen por obxecto presentar aos novos estudantes as posibilidades, recursos e servizos que lle ofrece a universidade.

Pola súa banda o CSHG conta con numerosas actividades de acollida e orientación dos novos integrantes e, en especial daqueles/ as que fan uso das instalacións de residencia, nun proceso de acompañamento individualizado. Ao comezo de cada curso académico, leva a cabo unha xornada de presentación do curso, onde se informa dos aspectos relevantes para o estudante para garantir unha correcta integración desde o primeiro día.Cada curso conta cun titor/a e existe un sistema de titorías por parte do profesorado ao longo do ano académico, tanto a nivel individual como grupal.

A USC ten un programa de alumnos/titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de ultimos cursos, despois dunha formación facilitada pola universidade, realizan tarefas de orientación ao novo alumnado.

Criterios de suspensión do título

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciaron os estudantes ata a súa finalización. Así, o Consello de Goberno da universidade aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que facilitan aos estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e outro plan.