Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras
O grao en Xestión de Empresas Hostaleiras é un programa innovador que ofrece ao estudante unha visión completa e integral dos negocios hostaleiros dentro da industria hoteleira, restauración, agroalimentaria, eventos e turismo en xeral. Nun programa que combina, en cada curso, a formación teórica e práctica no campus, complementada con prácticas en empresas de referencia nacional e internacional. O estudante obterá as habilidades e capacidades necesarias para desempeñar postos de liderado e xestión en empresas líderes a nivel mundial.
O alumnado aprenderá principios básicos no servizo ao cliente, a xestión operativa, as habilidades interpersoais e o uso da intelixencia emocional na xestión de persoas, nun contexto profesional de marcado carácter multicultural e internacional.
O enfoque práctico da titulación conséguese cunha metodoloxía de grupos reducidos, en clases e instalacións deseñadas para simular situacións reais en diferentes negocios hostaleiros, e coa inmersión no mundo laboral a través de prácticas en empresas hoteleiras e restauración. O obxectivo é que o alumno/a desempeñe tarefas no ámbito global da organización, a nivel directivo ou en calquera das súas áreas funcionais e departamentos, tanto a nivel operativo como estratéxico: Alimentos e Bebidas, Aloxamento, Recursos Humanos, Mercadotecnia, Administración e Finanzas, …., mediante unha aprendizaxe intensiva e uso de varias linguas estranxeiras e das TIC.
O plan de estudos deste grao está deseñado para capacitar a mozos/as e profesionais que teñan unha clara vocación hostaleira, de modo que poidan desenvolver de forma inmediata a súa profesión, tanto desde unha perspectiva dos negocios hoteleiros como no ámbito da restauración. O grao contempla dúas mencións: mención en Dirección Hoteleira e mención en Gastronomía. A configuración do plan de estudos inclúe formación común para ambas mencións e formación específica de cada unha, segundo a súa orientación, competencias a adquirir polos estudantes e perfís profesionais de saída.