Normas e regulamentos
O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) conta con tres regulamentos de obrigado cumprimento para o funcionamento académico e de conduta do alumnado:
- Regulamento interno
Este regulamento establece as normas básicas que rexen o desenvolvemento das actividades da escola co obxecto de garantir o seu correcto funcionamento. O alumnado está obrigado a coñecer e respectar estas normas. - Regulamento de prácticas
O stage ou prácticas en empresas constitúe unha parte integrante do proceso formativo na que o alumnado entra en contacto coa realidade do sector hostaleiro. - Reglamento de la residencia de estudiantes
Este regulamento é de aplicación ao alumnado interno. Tamén lles son aplicables as disposicións e normas xerais de disciplina académica previstas no regulamento interno.
Sistema de Garantía de Calidade
O SGC marco da USC deseñouse seguindo o modelo da axencia de calidade nacional e autonómica ACSUG, e estaba articulado inicialmente en sete directrices de acordo co programa FIDES-AUDIT pasando a distribuírse en seis directrices na súa última versión, que dá resposta aos criterios e directrices europeos para a garantía da calidade (ESG).
A USC aprobou o primeiro sistema marco en decembro de 2009 e foi simplificado posteriormente no ano 2013. Despois de cinco anos de vixencia, en febreiro de 2018 a Comisión de Calidade e Planificación delegada do Consello de Goberno aprobou unha modificación do sistema consistente na simplificación da documentación que busca a implantación efectiva e eficaz nos centros e a creación dun nivel institucional que asegure os criterios e directrices europeos naqueles ámbitos de decisión que recaen na institución.
A nova estrutura da documentación está formada por un nivel institucional e un nivel de centro que contan cun manual do sistema e cun manual de procesos que asegure a toma de decisións nos diferentes órganos responsables, a dispoñibilidade dos recursos necesarios e a mellora continua dos programas formativos e do propio funcionamento do sistema.
O centro adaptou devanditos manuais, dentro do marco de actuación no proceso de verificación do grao en Xestión de Empresas Hostaleiras, dispoñendo dun manual do sistema e un manual de procesos do CSHG, na súa primeira edición.
Órganos do SGC do CSHG
Comisión de Calidade: Para maior información pódese consultar o Sistema de Garantía de Calidade da universidade, na Área de Calidade e Mellora de Procedementos da USC: https://www.usc.gal/gl/servizos/calidade/sgic.html