Traballo fin de Grao
O Traballo de Fin de Grao (TFG) contribúe a verificar a adquisición por parte do estudante dos coñecementos, competencias, habilidades e resultados da aprendizaxe referenciados no plan de estudos, facilitando a súa posta en práctica de xeito titorizado e permitindo que o alumnado adquira unha visión global tanto do seu proceso formativo coma da realidade do sector gastronómico e hoteleiro. A súa elaboración require coñecementos interdisciplinares, e o alumnado aprende facendo, adquirindo unha metodoloxía de análise, resolución de problemas e toma de decisións necesarias para a súa futura práctica profesional.
O TFG consiste na elaboración dun proxecto no ámbito empresarial que implique a integración e posta en práctica deses coñecementos e competencias de diferentes áreas do saber, cunha visión global e integrada ou permitindo a especialización nun ámbito específico do currículo do plan de estudos. O contido do TFG poderá supoñer a realización dunha análise crítica da realidade empresarial ou o desenvolvemento dunha proposta adecuadamente valorada, así como a súa posible implementación e posta en práctica.