Prácticas
O alumnado ten a obriga de facer prácticas en empresa todos os anos, a partir da segunda quincena de xuño, ata completar 12 créditos (tres meses). O último ano debe facer 16 créditos (catro mess), que se poden ampliar como actividades extracurriculares (normalmente as empresas ofertan períodos de seis meses como mínimo).
Na mención de Dirección Hoteleira, as prácticas son en hoteis e outros establecementos turísticos nos departamentos de Servizos e Cociña (primeiro), Aloxamento e Recepción (segundo), como directivos (terceiro) e como adxuntos á dirección ou de calquera departamento (cuarto). Na mención de Gastronomía, a aprendizaxe en empresas céntranse en restaurantes e en restauración de hoteis os catro anos, puidendo diversificarse a partir de terceiro na industria da alimentación, distribución, agrogandeiría e outros.
O CSHG conta co departamento de Prácticas que asesora e orienta ao alumnado durante a súa estadía na escola e de cara a súa inserción laboral, apoiado polos diferentes titores de prácticas.
Regulamentos
A mobilidade está controlada a través do Regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantea da USC. A través do Servizo de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE) como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa)a
No caso do CSHG, as prácticas académicas externas en empresa tamén se rexen por unha normativa propia, Regulamento de Stages, xunto coa normativa da USC que poida afectarlles, así como polo estipulado no seu caso nas guías docentes dalgunhas materias competentes.