Perfís profesionais

O Centro Superior de Hostalería de Galicia non xestiona directamente as ofertas de emprego que diariamente recibe. Para iso conta con plataformas de xestión de ofertas como Hosco. É unha rede que ten asociadas máis de 7.000 empresas presentes en 80 paises que publican aí as súas demandas de emprego. O alumnado do CSHG ten acceso prioritario a esta web desde o primeiro curso.

Gastronomía

- Director xerente de empresa e áreas de restauración: restaurante, franquía, colectividade e cátering, hotel, parque temático, área comercial, centro residencia, hospital…
- Chef executivo e corporativo de grupo de restauración
- Responsable de I+D+i gastronómico (investigación, desenvolvemento e innovación)
- Director de produción
- Director de eventos gastronómicos
- Director superivisor operativo de restauración
- Emprendedor
- Asesor e consultor
- Profesor
- Cociñeiro