Perfís profesionais
O Centro Superior de Hostalería de Galicia non xestiona directamente as ofertas de emprego que diariamente recibe. Para iso conta con plataformas de xestión de ofertas como Hosco. É unha rede que ten asociadas máis de 7.000 empresas presentes en 80 paises que publican aí as súas demandas de emprego. O alumnado do CSHG ten acceso prioritario a esta web desde o primeiro curso.
Dirección Hoteleria
- Dirección de hotel e postos directivos en hoteis nos departamentos de:
- Xestión de aloxamento
- Xestión de alimentos e bebidas
- Administración e finanzas
- Mercadotecnia e vendas
- Recursos humanos
- Revenue management
- Organización de eventos
- Incorporación ás centrais das grandes empresas turísticas e cadeas hoteleiras de dimensión internacional
- Dirección de hoteis de gran tamaño, resorts ou complexos turísticos
- Emprendedor hoteleiro
- Consultor