Tarifas
Matrícula Curso 25/26 : 4.000 €/ano
Estudar o Curso Superior de Chef de Cociña e Pastalería (CSHG) inclúe o seguinte:
- Dereitos de matrícula.
- Apertura de expediente e servizos xerais.
- Docencia: sesións prácticas e de titoria.
- Dereitos de exame (dúas oportunidades por curso académico).
- Uniformes de prácticas.
- Set de utensilios de traballo (para cociña).
- Excursións de interese docente organizadas polo centro.
- Uso de instalacións deportivas da escola.
- Almorzo e xantar de luns a venres.
Existe a opción de vivir na residencia no propio campus.
- Aloxamento en cuarto dobre: 3.138,28 €
- Aloxamento en cuarto individual: 5.523,68 €
Bolsas
A Axencia de Turismo de Galicia dispón das seguintes bolsas para o curso 2026/27 do CSHG. (PENDENTES DE CONVOCATORIA)
Bolsas para Galegos Residentes no Exterior
Cobre parte da matrícula do curso, ademais dunha axuda adicional.
Dirixidas a galegos residentes no exterior con idades entre 18 e 30 anos.
Información e enlace ao procedemento pincha aquí
Bolsas Ordinarias
Ponderaranse nun 60% os ingresos familiares e nun 40% o expediente académico (Ciclo Formativo Medio ou Superior).
Información e enlace ao procedemento pincha aquí
Toda a información e as bases da convocatoria poderán obterse na sede electrónica de la Xunta co código de procedemento TU200C (bolsas ordinarias) e TU200D (bolsas para galegos residentes no estranxeiro).
LISTAXES DA CONVOCATORIA CURSO 2025/26
- LISTAXE DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS DAS BOLSAS ORDINARIAS E DE EXCELENCIA 2025/26
- LISTAXE DEFINITIVO DE BOLSAS CONCEDIDAS PARA GALEGOS RESIDENTES NO EXTERIOR 2025/26
- LISTAXE PROVSISONAL DE BOLSAS PARA GALEGOS RESIDENTES NO EXTERIOR 2025/26
- LISTAXE DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS BOLSAS PARA GALEGOS RESIDENTES NO EXTERIOR 2025/26
- LISTAXE DEFINITIVO DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA GALEGOS RESIDENTES NO EXTERIOR
- LISTAXE DEFINITIVO DAS BOLSAS DE EXCELENCIA PARA O GRAO E CURSO DE CHEF - COD TU200C
- LISTAXE PROVISORIO DE BOLSAS PARA O GRAO E CURSO DE CHEF - COD TU200A
Exencións
HaI varios casos nos que o alumno queda exento de pagar a matrícula de forma total ou parcial. Os candidatos procedentes de familias numerosas de carácter especial, os que teñan una discapacidade igual ou superior ao 33% e as vítimas de actos terroristas ou violencia de xénero teñen unha exención do 100%. O desconto será do 50% para os que procedan dunha familia numerosa de carácter xeral.