Inscrición e matrícula

Aberto o prazo de matrícula

O Centro Superior de Hostelería de Galicia ten aberto o prazo de matrícula para o curso 2025/2026. A convocatoria está dirixida a todos os candidatos que desexen comezar os seus estudos no Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería.

REQUSISTOS DE ADMISIÓN

Para acceder a este curso non necesitas estudos superiores, pero ademáis de interese pola cociña, deberás cumprir polo menos un dos seguintes requisitos:

  • Experiencia mínima de 6 meses en hostalería
  • Formación en cociña e/ou hostalería

 

PROCESO DE ADMISIÓN

Esta fase consta de 4 pasos:

  1. Solicitude inicial. Hai que cubrir o formulario de inscrición no seguimte enlace (Pinchar aquí).
  2. Entrevista persoal. Unha vez recibido o formulario de inscrición, os solicitantes que cumpran os requisitos mínimos serán convocados a unha entrevista persoal, que pode ser telemática ou presencial. Trátase dunha oportunidade para coñecer mellor ao candidato e para que el teña a oportunidade de aclarar dúbidas e realizar as consultas que precise.
  3. Resolución da canidatura. O comité de admisións valorará a solicitude en base á documentación aportada e a entrevista realizada e, nun prazo de dúas semanas, comunicarase a resolución ao interesado.
  4. Reserva de praza. O candidato deberá facer o pago de 411,28 € nun prazo de dez días desde a súa admisión, cantidade que se descontará do prezo total do curso cando se matricule.

Para máis información, pódese contactar en info.cshg@xunta.gal ou chamar ao teléfono +34 981 54 25 59 / 93.