Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería

O Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelaría, unha titulación de posgrao propio da USC,  que proporciona a formación necesaria para ser cociñeiro/a profesional sin a necesidade de posuir estudos superiores.

Especialmente dirixido a
- Persoas apaixonadas pola gastronomía que buscan unha formación profesional en cociña e pastelaría.
- Quen desexe adquirir habilidades prácticas nun entorno real e prepararse para traballar en restaurantes de prestixio.
- Galegos/as residentes no exterior que queiran regresar a Galicia e formarse nunha escola de referencia.

Moita práctica
A formación lévase a cabo nun entorno profesional con restaurantes abertos ao público, con clases prácticas en cociñas especializadas e xestión aplicada. O traballo realízase en grupos reducidos, con seguimento docente constante e prácticas diarias. Ademais, o aprendizaxe enriquécese con masterclass de chefs con estrela Michelin e visitas a produtores para coñecer de primeira man a materia prima e a súa xestión.

Saídas laborais e prácticas profesionais
Como punto final, o alumnado deberá realizar prácticas en restaurantes de toda Galicia durante tres meses. Ademais, o CSHG pon á súa disposición todas as facilidades para atopar emprego unha vez finalizado o curso grazas á súa rede de contactos.

Duración
O curso ten unha duración de doce meses, nove meses de estudo no campus do CSHG en Santiago de Compostela desde setembro a maio e tres meses de prácticas en restaurantes galegos de xuño a agosto.