Quen somos

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) é un centro de ensino universitario que forma directivos hostaleiros e xestores en cociña cunha metodoloxía moderna e eficaz, coa cal o alumnado pode acadar os máis altos niveis de profesionalidade activa na súa futura profesión.

A importancia estratéxica do turismo en Galicia e a necesidade de contar con directivos especializados en xestión hoteleira foron os motivos que levaron ao goberno galego a decidir a creación da escola en 1993. Dous anos máis tarde, empezou o primeiro curso académico.

Desde 1995, ano en que se puxo en marcha o Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras, o CSHG formou 2.500 directivos que desenvolven o seu labor en empresas hostaleiras e turísticas de todo o mundo. Actualmente imparte o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras coas mencións en Xestión Hoteleira e Gastronomía, título oficial da Universidade de Santiago de Compostela (USC). 

É un centro adscrito á Universidade de Santiago de Compostela (USC) e imparte un grao oficial en el campus compostelano

Historia

O proxecto do CSHG iníciase en 1993 como resposta a unha demanda do sector turístico que tiña necesidade de xestores e directivos para as súas empresas. Ante tal exixencia, a Xunta de Galicia apostou polo desenvolvemento dun proxecto ambicioso para formar eses futuros profesionais a través da empresa responsable da promoción turística da rexión, Turgalicia, S.A. Hoxe forma parte da Axencia Turismo de Galicia.

Para a localización do centro, a administración autonómica elixiu as instalacións da Barcia, un contorno natural e tranquilo, con zonas verdes e instalacións deportivas, que permiten complementar as actividades académicas dos alumnos.

Tratábase de crear unha escola de gran prestixio, cos mellores recursos e a metodoloxía máis eficiente. Para iso, conseguiuse a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC), con máis de 500 anos de historia, e de L´École Hôtelière de Lausanne (EHL). A escola suíza deseñou o plan de estudos, a metodoloxía dos cursos, a construción e distribución das aulas e a selección de persoal formativo especializado.

O CSHG oferta o grao en Xestión de Empresas Hosteleiras, mencións en Dirección Hoteleira e Gastronomía

A nosa misión

O obxectivo do CSHG é achegar profesionais de recoñecido prestixio internacional ao sector hosteleiro para colaborar no seu desenvolvemento e mellora:

  • Mantendo o seu prestixio a nivel nacional e a excelencia na formación impartida.
  • Impulsando a xeración e transferencia de coñecemento aplicado no ámbito turístico e hostaleiro.
  • Mellorando continuamente para satisfacer as necesidades de todos os grupos de interese: alumnado, familias, profesionais e empresas do sector e institucións turísticas e educativas.
  • Actuando baixo os principios de compromiso ético e responsabilidade profesional.