Programa Partners 30 Aniversario

O CSHG deseñou un programa de colaboración co sector para facilitar o acceso a futuros candidatos con vocación pola hostalería. A empresa que subscriba o acordo coa escola poderá seleccionar a varios candidatos que queiran estudar no CSHG que recibirán unha serie de beneficios. Son catro bolsas que cobren o 100% do custo do aloxamento durante o curso 2025-26, dous para o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e dúas para o Curso Superior de Chef de Cociña e Pastelería. Os beneficiarios poden ser familiares de empregados, colaboradores ou outras persoas.

As entidades que poden participar deben cumprir as seguintes características:
1.- Deben estar implantados a nivel nacional.
2.- Cun volume de negocio considerable.
3.- Deben buscar/ofertar perfís profesionais en materia de Direccion Hostaleira ou Gastronomía.

O prazo de duración do convenio de colaboración será desde o momento da firma ata a finalización dos estudos do candidato beneficiario. Non se establece remuneración económica algunha a favor da entidade seleccionada.

As compañías son os que fan a selección de candidatos. Os criterios de selección son os seguintes:
 
a) Deben desenvolver no futuro un plan de colaboración coa empresa en materia de prácticas.
b) As empresas deben ofertar plans de carreiras para aqueles que cumpren as expectativas marcadas tanto pola escola como a empresa.

Se es unha empresa que cumpre cos criterios, inscríbeche. Baixa o formulario de solicitude e en menos de dez días responderémosche. A solicitude enviarase por correo electrónico a stages@cshg.es. Hai que indicar no asunto do correo o seguinte: Procedemento programa Partners. As solicitudes serán analizadas e valoradas por un Comité de Selección composto polo CSHG e a Axencia Turismo de Galicia.

Antigos alumnos nas cadeas

Barceló

Leva máis de 11 anos en Barceló Hotel Group. É responsable para a cadena da área de Cataluña desde hai tres anos. Compaxina este posto co de director do hotel Barceló Torre de Madrid. Acabou os seus estudos no CSHG en 2004.

Leva en Barceló oito anos. Actualmente é Director Residente en Santa Catalina, a Royal Hideaway Hotel de Las Palmas de Gran Canaria. Acabou os seus estudos no CSHG en 2016.

Leva máis de sete anos na compañía. Actualmente é Directora residente no hotel Barceló Playa Blanca. Acabou os seus estudos no CSHG en 2016.

Leva tres anos na cadea. Actualmente é Subdirector do hotel Barceló Illetas Albatros en Calviá (Mallorca). Acabou os seus estudos no CSHG en 2019.

Iberostar

Leva na cadea desde maio de 2021. Actualmente é subdirector en Iberostar Cala Millor. Acabou os seus estudos no CSHG en 2020.

Leva na cadea 20 anos. Actualmente é Chief Operating Officer en Brasil. Acabou os seus estudos no CSHG en 2001.

Leva dous anos en Iberostar onde é adxunta de operacións nas illas Canarias. Acabou os seus estudos no CSHG en 2015.

Leva sete anos coa cadea como directora, actualmente no hotel Iberostar Cristina en Mallorca. Acabou os seus estudos no CSHG en 2015.

Leva na compañía case un ano. Actualmente é Guest Service en Iberostar Selection Sábila en Tenerife. Acabou os seus estudos no CSHG en 2023.

Leva uns meses coa cadea como Subdirectora de Alimentos e Bebidas en Cuba. Acabou os seus estudos no CSHG en 2022

Leva na cadea case un ano. Actualmente é Head Butler en Iberostar Grand Salomé en Tenerife. Acabou os seus estudos no CSHG en 2023.

Palladium

Leva na compañía desde xuño de 2022, aínda que xa fixera prácticas un anos antes, en terceiro, no departamento de Revenue Management nun hotel. Segue no mesmo departamento, pero na central, en Ibiza. Acabou os seus estudos no CSHG en 2022.

Leva máis de 20 anos na compañía. Actualmente é Director General do Dominican Fiesta Hotel desde hai seis anos. Acabou os seus estudos no CSHG en 2004.

Leva tres anos en Palladium Hotel Group onde traballa como Senior Financial Accountant no hotel Hard Rock Marbella. Acabou os seus estudos no CSHG en 2019.

Leva en Palladium máis de oito anos. É Global Operations PMO Specialist na central en Ibiza. Acabou os seus estudos no CSHG en 2015.

Leva na cadea case catro anos. É coordinadora do Call Center para Europa da firma hoteleira. Acabou os seus estudos no CSHG en 2014.

Leva máis de 17 anos en Palladium Hotel Group. Desde fai catro anos e medio é Hotel Manager en Grand Palladium Costa Mujeres Resort & Spa. Acabou os seus estudos no CSHG en 2006.

Leva seis meses e medio na compañía. Actualmente é Regional Multibrand Controller The Americas desde hai tres anos. Acabou os seus estudos no CSHG en 2009.

Elba

Leva dous anos na compañía. É subdirectora do Elba Estepona Gran Hotel Thalasso Spa de Málaga. Acabou os seus estudos no CSHG en 2020.

Leva cerca de sete anos en Hoteles Elba traballando en Recepción. Acabou os seus estudos no CSHG en 2011.

Meliá

Mirian leva un ano en Meliá. É subdirectora no Hotel Colón, un Gran Meliá Hotel, en Sevilla. Acabou os seus estudos no CSHG en 2016.

Leva cinco anos na compañía. É Guest Experience Manager no hotel Palacio de los Duques Gran Meliá, un dos establecementos de The Leading Hotels of the World. Acabou os seus estudos no CSHG en 2019.

Leva en Meliá dous anos. Actualmente é Banquet Supervisor en Meliá Palma Bay & Palau de Congressos en Mallorca. Acabou os seus estudos no CSHG en 2022.

Leva un ano en Meliá como Director de Guest Experience no Meliá Cam Ranh, en Vietnam, país onde reside desde 2015. Acabou os seus estudos no CSHG en 2015. 

Acabou as súas prácticas en 2023 e xa se quedou na compañía. Actualmente é Development Executive para España e Portugal.

Leva 8 anos en Meliá. Formou parte do equipo de apertura do hotel Gran Meliá Nha Trang en Vietnam onde traballa como Directora de Guest Experience & Entertainment desde fai máis de ano e medio. Acabou os seus estudos no CSHG en 2016.

Leva máis de sete anos en Meliá. Actualmente é Global Food & Beverage Luxury Brands and Stand Alone Outlets Specialist na central, en Mallorca. Acabou os seus estudos no CSHG en 2017.

Leva sete anos en Meliá onde exerce como Director no hotel Meliá Calviá Beach. Acabou no CSHG en 2018.

Leva case 9 anos con Meliá en tres países de Asia (China, Vietnam e Malaisia). Actualmente é General Manager de Meliá Kuala Lumpur (Malaisia). Acabou os seus estudos no CSHG en 2012

Leva dous anos na cadea. É Coordinadora de Guest Experience no hotel Palacio de los Duques Gran Meliá, un dos establecementos de The Leading Hotels of the World. Acabou os seus estudos no CSHG en 2019.

Vincci

Leva desde xuño de 2017 en Vincci Hoteles. Actualmente é General Manager en Vincci Centrum, en Madrid.

Leva case tres anos traballando en la compañía. É subdirectora en Vincci Selección La Plantación del Sur en Tenerife. Acabou os seus estudios no CSHG en 2020.

Traballa na cadea desde hai 12 anos. É General Manager do Hotel Vincci Costa Golf Resort en Chiclana de la Frontera. Acabou os seus estudos no CSHG en 2011.

É subdirector do Vincci Porto (Portugal). Acabou os seus estudos no CSHG en 2014.

Leva máis de ano e medio en Vincci Hoteles. É directora adxunta do hotel Vincci Vía 66. Acabou os seus estudos no CSHG en 2022.