CSHG TV. Creando talento entrevista a Brais Pichel polo 30 aniversario
Centro Superior de Hostelería de Galicia , Fri Jan 17 09:00:00 CET 2025
O CSHG celebra o seu 30 aniversario cunha serie de entrevistas a antigos alumnos baixo o nome "Creando Talento". Neste marco, o CSHG ten a honra de contar con Brais Pichel, chef galego e propietario do restaurante Terra en Fisterra, recoñecido cunha estrela Michelin.
Neste encontro, Pichel compartiu coa comunidade do CSHG a súa traxectoria profesional, desde os seus inicios ata alcanzar a máxima distinción na gastronomía. Na súa intervención, destacou a importancia da formación no CSHG, un centro que formou a máis de 3.000 profesionais ao longo de tres décadas.
“O meu paso polo CSHG foi clave no meu desenvolvemento profesional. Aquí non só aprendín técnicas culinarias, senón tamén a visión e os valores que hoxe definen a miña carreira. O centro deume as ferramentas para soñar ao grande”, comentou Brais Pichel wn a súa intervención.