CSHG TV. O CSHG organiza unha mesa redonda 30 aniversario sobre Recursos Humanos en Marriott con varios dos seus directivos

Centro Superior de Hostelería de Galicia , Wed Jan 08 11:00:00 CET 2025

Dentro da axenda de actividades do 30 aniversario do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), organízanse coloquios sobre temas de actualidade para profesionais e alumnos. Esta mesa redonda é sobre a xestión de persoas na cadea Marriott e participaron directivos de catro hoteis de cinco estrelas da compañía: Ariadna Avellí (Hotel Arts), Marian Mesquida, (Sheraton Mallorca), Giuliana Alciaturi (Le Meridien Barcelona) y Riccardo Veca (W Ibiza). Moderou o responsable do departamento e experto na materia, o profesor Andrés Rumbo.