Intro
Adaptación ao Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras (Mención en Dirección Hoteleira)
A partir do curso 2026/27, o alumnado de:
-
Gran Diploma en Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras
-
Diploma Superior en Xestión Hoteleira
poderá solicitar a adaptación ao Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras a través do Curso Ponte.
O CSHG oferta 50 prazas por curso.
O acceso realizarase por nota media da titulación de orixe.
Requisitos de acceso
Alumnado do Diploma Superior en Xestión Hoteleira
Para poder solicitar a admisión deberán:
-
Ter finalizado o Diploma Superior con anterioridade ao prazo de admisión na USC.
-
Dispoñer do título expedido pola USC (ou telo solicitado aboando as taxas correspondentes).
O CSHG enviará unha acreditación oficial na que constará:
-
Superación do Diploma Superior.
-
Nota media obtida.
-
Modalidade de Curso Ponte correspondente.
⚠️ Esta acreditación é necesaria para solicitar a admisión.
O alumnado egresado recibiraa no seu correo institucional do CSHG.
Se non a recibiu, debe contactar con:
coordinacionacademica@cshg.es
Alumnado do Gran Diploma en Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras
Deberán:
-
Estar en posesión do título de Gran Diploma.
-
Solicitar ao CSHG o recoñecemento no Diploma Superior antes do prazo de admisión na USC.
Do 1 ao 27 de marzo de 2026
Prazo para solicitar o recoñecemento do Diploma Superior no CSHG.
Consultar o procedemento en Coordinación Académica.
Unha vez finalizado o trámite, recibirán a acreditación onde figurará:
-
Recoñecemento do Diploma Superior.
-
Nota media obtida.
-
Modalidade do Curso Ponte asignada.
⚠️ Quen xa solicitase o recoñecemento recibirá a acreditación automaticamente.
O alumnado que o solicitase recibiraa no seu correo institucional do CSHG.
Se non a recibiu, debe contactar con:
coordinacionacademica@cshg.es
Admisión e Matrícula
Do 1 ao 27 de marzo de 2026
Prazo para solicitar o recoñecemento do Gran Diploma no Diploma Superior no CSHG.
ADMISIÓN
Do 1 ao 30 de xuño de 2026
Debido á alta demanda prevista, realizarase unha consulta non vinculante de solicitude de praza do 1 ao 25 de xuño para o estudantado interesado en cursalo no 2026/27. O 30 de xuño comunicaráselles ás persoas participantes o seu posto, con carácter previo á solicitude de praza na USC.
Do 15 ao 30 de outubro de 2026: Solicitude de admisión na USC.
6 de novembro de 2026: Publicación da listaxe de persoas admitidas
MATRÍCULA
1ª convocatoria: do 16 ao 20 de novembro de 2026
2ª convocatoria: do 23 ao 26 de novembro de 2026
Vacantes: do 1 ao 4 de decembro de 2026
Calendario Académico
Xaneiro – Xuño 2027
-
Inicio do Curso Ponte en xaneiro de 2027
-
Coincide co segundo semestre do calendario académico 2026/27
Prezos
O prezo do Curso Ponte é variable en función da modalidade académica de cada estudante e do número de créditos (ECTS) que deba cursar.
-
Modalidade 1 (9 ECTS): 382,5 €*
-
Modalidade 2 (10 ECTS): 425 €*
-
Modalidade 3 (15 ECTS): 637,50 €*
-
Modalidade 4 (16 ECTS): 680 €*
O pagamento realizarase no momento de formalizar a matrícula.
*Prezos estimados. (Pendentes da publicación oficial da USC e do CSHG para o curso 2026/2027. Na actualidade, o CSHG cobra 40 €/ECTS e a USC 2,46 €/ECTS.)
Preguntas frecuentes - FAQ
Cantas prazas se ofertan cada ano?
Ofrécense 50 prazas anuais.
Débese asistir a clases presenciais no CSHG?
-
A docencia do Curso Ponte é presencial, ao igual que a titulación de Grao.
-
Poderase solicitar a dispensa de asistencia ás clases se se atopa nalgunha das circunstancias contempladas na normativa (como ter un contrato de traballo vixente ou situacións familiares específicas), e esta deberá ser concedida polo CSHG.
Como se asignan as prazas?
As prazas adxudícanse por orde de nota media da titulación de orixe (Diploma Superior recoñecido).
É obrigatorio solicitar o recoñecemento do Diploma Superior se son de Gran Diploma?
Si. É un requisito imprescindible para poder acceder ao Curso Ponte e solicitar a admisión na USC.
Que ocorre se xa solicitei o recoñecemento anteriormente?
Recibirá a acreditación automaticamente, sen necesidade de volver realizar o trámite.
Cando se imparte o Curso Ponte?
De xaneiro a xuño de 2027, coincidindo co segundo semestre do curso académico 2026/27.
Podo saber antes de solicitar formalmente se teño posibilidades de obter praza?
Si. Realizarase unha consulta previa non vinculante na que se informará do posto provisional segundo a nota media antes do proceso formal de admisión.
Que documento necesito para solicitar a admisión?
A acreditación emitida polo CSHG, onde constan:
-
Recoñecemento ou superación do Diploma Superior.
-
Nota media.
-
Modalidade de Curso Ponte.
Onde podo resolver dúbidas administrativas?
En Coordinación Académica: coordinacionacademica@cshg.es