A nosa organización
O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) está integrado na Axencia de Turismo de Galicia, que lle dá a súa personalidade xurídica. A Axencia de Turismo de Galicia é un órgano dependente da Presidencia da Xunta de Galicia.
Estrutura orgánica do CSHG:
- DIRECCIÓN
- Organiza, coordina e controla o conxunto de actividades do centro e conta coa colaboración dun subdirector.
- Explotación e Stages: responsable da coordinación e organización das prácticas en empresas e explotación interna do Centro.
- COORDINACIÓN ACADÉMICA
- Supervisa e coordina toda a actividade docente, ademais de ofrecer apoio pedagóxico aos alumnos.
- DEPARTAMENTO DE STAGES
- Coordina e organiza as prácticas dos alumnos nos establecementos (hoteis, restaurantes e outros negocios). Todos os anos ofrece prácticas a 250 alumnos nos cinco continentes e fai un seguimento personalizado de cada un.
- CLAUSTRO DE PROFESORADO
- É o órgano docente que aglutina os máis de 40 profesores do CSHG e determina os progresos de cada un dos alumnos ao longo do seu periplo formativo. Os docentes elaboran e desenvolven os programas e contidos das materias e avalían os alumnos, procesos que controla o claustro.
- O profesorado está agrupado en departamentos docentes que representan as grandes áreas de coñecemento: Servizos, Cociña, Aloxamento, Idiomas, Informática, Marketing e Calidade, Administración de Empresas e Recursos Humanos.
- DEPARTAMENTO DE MARKETING
- Encárgase da imaxe corporativa e da promoción do CSHG de forma interna e cara ao exterior representando a institución en escenarios nacionais e internacionais.
- FORMACIÓN CONTINUA
- Aproveitando a experiencia dos profesionais docentes, o CSHG ofrece asesoramento técnico e servizos a empresas do sector e a institucións