A nosa misión
O Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) marcou como meta achegar ao sector hostaleiro profesionais de recoñecido prestixio autonómico, nacional e internacional para colaborar no desenvolvemento e mellora do sector:
- Mantendo o seu prestixio a nivel nacional e a excelencia na formación impartida
- Impulsando a xeración e transferencia de coñecemento aplicado no ámbito turístico e hostaleiro
- Mellórase continuamente para satisfacer as necesidades de todos os grupos de interese: alumnado, familias, profesionais e empresas do sector e institucións turísticas e educativas
- Actuando baixo os principios de compromiso ético e responsabilidade profesional