Sanidade e seguridade

Durante a súa estadía no CSHG, o alumnado accede a servizos de todo tipo.

SEGURIDADE

Hai servizo de vixilancia privado permanente.

Non hai barreiras arquitectónicas e as instalacións están adaptadas para o uso de persoas con discapacidade física.

SANIDADE

Todo o alumnado dispón dunha póliza de accidentes con cobertura internacional as 24 horas. En caso de accidente, o alumnado debe avisar ao Centro e será atendido no hospital policlínico La Rosaleda, en Santiago de Compostela. A póliza amplíase durante as prácticas ofrecendo servizo en centros sanitarios asociados.