Como chegar

O CSHG está situado nas instalacións da Barcia (xunto a Turismo de Galicia), no km 3 da estrada Santiago - Noia - Código Postal 15897.

Velaquí as vías de comunicación a través das cales se pode chegar ao CSHG

Avión

O Aeroporto de Lavacolla está a 10 quilómetros do Centro. Desde alí, accédese a Santiago de Compostela a través da N-547 ou a través da autovía. Pode alugar un coche, contratar un taxi ou usar algún dos autobuses que se comunican coa cidade.

Taxi

Radio Taxi función as 24 horas do día no teléfono 981 569 292. Para persoas con discapacidade, Euro Taxi ofrece transporte adaptado no teléfono 981 535 154. Hai paradas no aeroporto de Lavacolla (981 591 575), na estación do tren (981 898 488) e na terminal de autobuses (981 582 450). Existen outras paradas:

  • na Avenida Figueroa (981 585 973)
  • no Castiñeiriño (981 521 300)
  • nas Fontiñas (981 575 959)
  • na praza de Galicia (981 561 028) as 24 horas
  • na praza Roxa (981 595 964) as 24 horas

Bus
Os autobuses que van (e veñen) a Negreira, á Gándara e a Bertamiráns teñen parada na marquesiña que está diante das instalacións do CSHG. Os horarios das diferentes liñas son os seguintes:

  • Santiago – Negreira (Saída Est. Autobuses): cada hora, desde as 6:45h ata as 21:45h
  • Negreira – Santiago: cada hora, desde as 7:25h (aprox) ata as 21:25h
  • A Gándara – Santiago: cada media hora, desde as 7:30h ata as 22:00h
  • Santiago (A Rosa) – A Gándara: cada media hora, desde as 6:45h ata as 21:45h
  • Saídas todas as horas desde as 6:45h ata as 21:45h

Tren

Santiago posúe unha estación de tren que a conecta con case todas as cidades galegas e a meseta. Pódese atopar máis información sobre horarios na páxina web de Renfe.