Servizos
BIBLIOTECA
Conta con 9.000 volumes en formato texto, CD e DVD. Son libros, revistas, manuais e películas. Ademais, o alumnado ten acceso á rede de bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
RESIDENCIA
É un edificio integrado no centro con tres plantas onde vive parte do alumnado con manutención e aloxamento durante oito meses do ano. Pecha en Nadal e Semana Santa.
DEPORTES
Un pavillón polideportivo cuberto, dúas pistas de tenis, un ximnasio e un campo polideportivo ofrecen múltiples facilidades para a práctica deportiva.
TRANSPORTE
Ao ser un centro adscrito á USC, o alumnado conta con descontos no transporte urbano. Pódese acceder a máis información nas webs da universidade ou en Transporte Urbano de Santiago, S.A.