Perfís
Dedicarse á hostalería non é tarefa sinxela. Ademais, o profesional traballa cando os demais están descansando. É por iso que se fai necesario fortalecer as habilidades e competencias dos novos profesionais e actualizar as condicións dos seus empregos.
Os que se queiran dedicar a esta profesión deberán ser persoas activas e dinámicas.
O don de xentes é imprescindible. O futuro profesional coñecerá moitas persoas, non só clientes, e ter esta cualidade garantirá encontros positivos e agradables.
Estar motivado permite afrontar os retos sen problemas. É como unha diversión.
Non só é suficiente ter empatía. Hai que ser participativo e ter capacidade para traballar en grupo, algo que non é doado en moitas ocasións.
O manexo de idiomas facilitará un contacto máis directo cos clientes. Abre portas no mercado laboral e enriquece a percepción dun sector máis global e internacional.
É preciso adaptarse ás situacións. Traballar contra reloxo e en ambientes diferentes e cambiantes é habitual na profesión.
Hai que acostumarse a traballar por obxectivos.
Dispor dunha cultura xeral é importante para ofrecer o mellor trato ao cliente, independentemente da súa procedencia. Hai que esforzarse por saber un pouco máis sobre quen é o cliente.