nwcshg

Xunta de Galicia

I FORO HOTELERO DE TURISMO DE GALICIA #HOTELFORUMCSHG

Coincidindo co Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento, o CSHG presenta o #HOTELFORUM17, un foro orientado a hostaleiros no que se darán cita profesionais expertos en dous temas principais: O Revenue Management e a Sustentabilidade hostaleira.

Actualmente, a tecnoloxía alíñase coas necesidades que teñen os hoteis e o territorio do que forman parte. En Galicia, moitos destinos aspiran a ser un destino intelixente, os hoteis xa dispoñen de ferramentas tecnolóxicas que permiten formar parte dun destino de forma máis eficiente.

Programa

 FERRAMIENTAS DE REVENUE MANAGEMENT APLICADAS A NOVA COMERCIALIZACIÓN

Os hostaleiros enfróntanse a distintos segmentos de clientes que acoden aos seus establecementos con sensibilidades ao prezo diferentes, que acceden ao hotel a través de diferentes dispositivos e canles. Con frecuencia o hostaleiro ten a sensación de que as oportunidades parecen esconderse nunha maraña de datos, condicións, prezos e intermediarios.

¿Existe algunha forma de predicir as reservas de forma segmentada que me chegarán para unha data determinada? ¿cal é o límite máximo de habitacións quedebo vender ás tarifas máis económicas? ¿a qué prezo está a venderse no mercado? ¿cal é a ocupación que conseguen os meus competidores a ese prezo?

Interveñen:

#Javier Serrano - STR Global “A revolución do Revenue con STR”
#David Madrigal – Paraty Tech “Quen é quen na fixación de tarifas dos establecimientos hoteleros”
#Diego Fernández – Palladium Hotel Group “Estratéxia de Revenue Management en Palladium”

A IMPLANTACIÓN DA SUSTENTABILIDADE NOS HOTEIS

Un dos ámbitos nos que se traballará o ano Internacional do turismo sustentable para o desenvolvemento, é o uso eficiente dos recursos, protección ambiental e cambio climático. Os hoteis, debido ao elevado consumo de recursos enerxéticos e naturais dispón de oportunidades para facer un turismo máis sustentable.

A xestión e explotación dun hotel implica un impacto sobre a contorna, producido por unha banda polo consumo de recursos naturais (auga, enerxía etc.) e pola xeración de emisións de gases e residuos. A xestión eficiente do hotel para minimizar este impacto debe ser un dos obxectivos de todos os responsables, facendo cambios que permitan accións respectuosas co medio natural, socialmente xustas e economicamente viables

Interveñen

#Coralia Pino – Instituto Técnico Hotelero (ITH) “Oportunidades para a reducción do custo enerxético nos hoteis”
#Jesús Rodríguez – Horwath HTL “Estratéxia de Sustentabilidade nunha Cadena Hoteleira”
#Saleta González – Equilatero Consultores “Recomendacións para definir o protocolo de sustentabilidade do meu hotel”

 

AS TITORIAS DO CSHG “O profesor responde” 

Actividades a elexir entre os asistentes, co obxectivo de coñecer máis de preto as nosas instalacións e os nosos profesores. Poderá conversar cos nosos profesores con máis de 20 anos de experiencia en hoteleria a través das diferentes tutorías que están previstas:

-Tutoría 1: “Inversión e financiación: como valorar novos proxectos e obter financiación alternativa” – #José Luis Sieira
-Tutoría 2: “A nova clasificación de Hoteis en Galicia: unha aposta polos servizos” – #José Sánchez
-Tutoría 3: “O persoal do meu Hotel: atracción e retención de talento” – #Andrés Rumbo
-Tutoría 4: “As 4 ferramentas esenciais para comezar a practicar o Revenue Management nun hotel” – #Andrés Nieto

 

CONFERENCIA: “Neuromarketing: traballando impresións e percepcións nos nosos hoteis”

Intervén #Santiago Martínez Suárez Consultor internacional en comunicación política e empresarial.

 

Formación

método

O noso método formativo vira en torno a un alicerce fundamental: o salto cara ao mundo laboral

Ese salto ha de ser: Sinxeo, Seguro e de Calidade.

Baixo a máxima "unha educación de calidade para un traballo de calidade", os plans de estudo das nosas titulaciones están encamiñadas a eliminar, na medida do posible, a diferenza que existe entre o mundo académico e o mundo laboral.

Desde o máis pequeno detalle (obrigación de utilizar un determinado estilo de vestir) ata o máis grande (prácticas obligatorias e tuteladas en empresas) sustentan o noso método, clave do noso éxito e a nosa motivación.

O paso de estudante ao mundo dos negocios ha de ser algo natural e sinxelo. Para iso, todas as actividades realizadas durante os períodos lectivos están dirixidas ao futuro profesional: prácticas tuteladas en diversos tipos de empresas en diferentes ubicaciones, conferencias nas que profesionais de alto nivel abordan diferentes aspectos dun mesmo problema, desenvolvemento e seguimiento dos Plans de Carreria que as empresas propoñen aos alumnos/as.

Teoría e práctica

Os 8/9 meses de ano académico lectivo son en realidade unha visión integrada de moitos aspectos que facilitan a aprendizaxe de novos coñecementos e estimulan o desenvolvemento de habilidades e actitudes.

A alternancia de semanas teóricas con semanas prácticas asegura a correlatividad dos contidos e a aplicación práctica da multidisciplinariedad dos contidos teóricos.

Estamos convencidos de que este noso xeito de traballar aporta o bagaje imprescindible para asegurar a traxectoria exitosa dunha carreira. Para iso, un equipo de profesores e profesoras de experiencia internacional especializados nas distintas áreas operativas e nos instrumentos de xestión envorcan a súa experiencia profesional no seu traballo diario cos alumnos e alumnas.

Stage

Cada ano lectivo, ademais dos meses lectivos, complétase con varios meses de prácticas obligatorias en empresas – Stage –, nos que cada estudante pasa por todos e cada un dos diferentes estadios para converterse, finalmente, nun excelente xestor hosteleiro.

O feito significativo de que o estudante pase polo conxunto das diferentes partes dun hotel garante, o día de mañá, o seu empatía con todos e cada un dos postos de traballo, capacitándoo para rexer de xeito eficaz un establecemento hostelero.

Apoiando o proxecto profesional de cada un

Cada un dos nosos estudantes é diferente. É por iso polo que, individualmente, estimúlanse actitudes e hábitos que diferencian aos profesionais e directivos de éxito. Poñendo en práctica a deontología profesional que caracteriza a satisfacción do traballo ben feito. Formando ás persoas en valores que lles axudarán na súa vida persoal e profesional, mediante a inmersión nun ambiente universitario e académico que impregna a vida diaria no Centro.

Moito máis que docencia

En realidade, o noso método vai mais alá da docencia tradicional. O uso de técnicas pedagógicas interactivas, grupos reducidos, tutorías fose do horario de clase, apoio psicopedagógico e un seguimiento personalizado, favorece a participación e a madurez, creando un ambiente no que o estudante é unha parte preactiva do proceso, que estimula, investiga, toma iniciativas, e ve no profesorado ao seu principal apoio.

 

Bolsas e Financiamento

Bolsas

ambiente en el centroTodos os anos, a Axencia de Turismo de Galicia convoca o plan de bolsas do CSHG que pretende facilitar o acceso aos alumnos con menos recursos e premiar aos alumnos máis sobresaíntes. En total, repártense 21 novas bolsas en varias modalidades para alumnos novos:

  • Bolsas de matrícula para novos alumnos de Diploma Superior de Xestión Hoteleira (18) e Diploma en Gastronomía e Xestión en Cociña (3). Puntúan os ingresos familiares nun 60% e o expediente académico (BAC + PAAU ou Ciclo Formativo Superior) nun 40%.

As bolsas cubren desde un 80% a un 50% da matrícula en réxime externo. O prazo para solicitar as axudas remata o 27 de agosto e a solicitude faise de maneira electrónica.

As bolsas de matrícula renovaranse automáticamente cada curso, ata finalizar a titulación, sempre que o alumno pase ao seguinte curso e as condicións económicas no superen os límites das bases da convocatoria. As bolsas de excelencia renóvanse se o bolseiro supera nun 20% a nota media do seu curso.

Toda a información e las bases da convocatoria poden obterse no seguinte enlace e ó acceso directo formulario aquí están disponibles en la sede electrónica de la Xunta, con el siguiente número de procedimiento TU200A.

 Listado de excluidos e admiticos convocatoria 2021-22

Listado definitivo de admitidos e excluidos convocatoria 2021-22

Listado PROVISORIO de beneficiarios de bolsas na convocatoria 2021-22

 

 Exencións

Hai varios casos no que o alumno/a queda exento de pagar a matrícula de forma total ou parcial.

  • Familias numerosas de carácter especial ten unha exención do 100% e de carácter xeral do 50%
  • Matrícula de honra no bacharelato , exención do 100% da primeira matrícula da titulación
  • O alumno/a con discapacidade igual ou superior ao 33% está exento do pago
  • Víctimas de actos terroristas e violencia de  xénero, exentos ao 100%

 

Financiamento

O CSHG dispón da posibiliade de fraccionar o pago. O primeiro pago faríase no momento da matrícula e o seguinte en xaneiro do ano próximo. 

10 razóns para vir ao CSHG

01

Método

Unha formación adaptada á realidade do sector turístico, que combina a teoría e a práctica ao 50% e que ofrece prácticas todos os anos en empresas. Isto permite ao alumno acceder ao mercado laboral con garantías de desenvolver o seu traballo en condicións idóneas e adapatarse ás esixencias de calquera posto..

02

Profesorado

O alumno conta con docentes cunha formación ampla e experiencia contrastada a nivel internacional.

03

Instalacións

O CSHG dispón dun campus de 54.000 metros cadrados e cinco edificios operativos con aulas dotadas de equipamento de última xeración que facilitan ao alumno asimilar a formación.

04

Saídas Profesionais

O 85% dos titulados acceden ao mercado laboral no sector hoteleiro e turístico nos 8 meses seguintes á finalización dos estudos.

05

Prácticas no Centro

De abaixo a arriba, o alumno adquire as competencias e habilidades das profesións de camareiro, cociñeiro, recepcionista, directivo e director durante as prácticas no CSHG. Convértese nun profesional polivalente que sabe o que necesita cada traballador.

06

Prácticas en empresas

Facer prácticas cada ano en hoteis de todo o mundo é o complemento ideal á formación recibida no CSHG. O alumno pode desenvolver as habilidades e competencias adquiridas e dáse a coñecer no mercado laboral.

07

Bolsas e Financiación

Os alumnos con menos ingresos ou con mellores expedientes teñen bolsa. É un de cada 7 alumnos. É posible realizar o pagamento fraccionado da matrícula grazas a acordos con entidades bancarias.

08

Proxectos

Empresas, organizacións e institucións aproveítanse da experiencia e o know how do equipo docente e dos 2.000 titulados do CSHG. O Departamento de Consultoría e Formación xestiona proxectos e ofrece asesoramento a nivel internacional coa axuda e colaboración de antigos alumnos.

09

Clube de Antigos Alumnos

O CAA ofrece asesoramento aos alumnos para acceder ao mercado laboral, manexa máis de 1.000 ofertas de emprego ao ano a través da súa páxina web, organiza workshops, cursos de formación e edita unha revista sectorial.

10

Prestixio e recoñecemento do sector

As principais cadeas hoteleiras e empresas turísticas do mundo avalan o noso método: os alumnos e antigos alumnos do CSHG traballan en empresas en 90 países.

Información sobre o curso 2014/15

Xa está aberta a admisión de solicitudes nas titulacións do CSHG para o curso 2014/15. Como vén sendo habitual, o centro facilita unhas datas para visitar e recibir información sobre as súas titulacións e saídas profesionais de forma presencial. Estas visitas están dirixidas tanto a futuros estudantes coma aos seus pais/titores para que poidan comprobar de primeira man como funciona un centro universitario único a nivel nacional para a formación de profesionais hostaleiros.

O único requisito para acudir a estas xornadas é concertar unha cita con antelación,
mediante un e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao teléfono 981 54 25 19.

Así mesmo para asesorarte e darche información in situ na túa vila solicita unha sesión informativa ao 981 542 559 ou ao 981 542 519

  • Para o 2013:

Xoves, 12 de Decembro, ás 11.30

  • Para o 2014 :
Xaneiro: Sábado, 25 ás 11h
Febreiro: Sábado, 8, ás 11h; Venres, 21, ás 11h30
Marzo: Sábado, 1 ás 11h; Venres, 7 ás 11h30 e Venres, 25 ás 11h30
Abril: Sábado, 5, ás 11h; Venres, 11 ás 11h30 e Venres, 25, ás 11h30
Maio: Sábado, 10, ás 11h e Venres, 16, ás 11h30
Xuño: Luns, 13, ás 11h30; Sábado, 21, ás 11h e Luns, 27, ás 11h30.
Setembro: Datas por determinar

 

Subcategorías

  • Certificado
    Certificado de Elaboración y Gestión en Cocina

    El Certificado de Elaboración y Gestión en Cocina es un título propio del CSHG. Prepara al alumno para gestionar un restaurante u otro tipo de establecimiento de restauración.

    Son 2 cursos. El alumno pasa 8 meses en el Centro, donde alterna una semana de teoría en Administración de Empresas con otra de práctica en Cocina. Y hace prácticas en empresas otros 3 meses. Al final, desarrollará un proyecto de viabilidad empresarial en el Restaurante Carta del CSHG.

    Puedes consultar el folleto en PDF aquí.

  • Diploma Superior en Gestión Hotelera
    Diploma de Gestión de Empresas Hosteleras

    El Diploma Superior  en Gestión Hotelera es un título propio de la Universidad de Santiago de Compostela (USC).

    El alumno adquiere las habilidades y las competencias para dirigir cualquier departamento de un hotel u otro establecimiento del sector turístico.


    Son cuatro años de 11 meses cada uno. En los dos primeros años, te formas en el Centro durante los 8 primeros meses, donde alternas una semana de teoría en Administración de Empresas con otra de práctica en los departamentos operativos (Servicios, Cocina y Alojamiento). Al finalizar, desarrollas tus prácticas en hoteles durante tres meses.
    En los dos últimos años, te especializas en Administración de Empresas Hoteleras. Tus prácticas oscilarán entre tres meses, en tercero, y seis meses, en el último año.

     

    Puedes consultar el folleto en PDF aquí.

Vostede está aquí: Inicio Requerimentos & Admisión Formación