nwcshg

Xunta de Galicia

Saúda da directora

Patricia Cuevas sarria

Patricia Cuevas Sarria - Directora del CSHG

Benvido ao Centro Superior de Hostelería de Galicia - CSHG. Espero que atopes aquí toda a información útil que buscas e desde este momento convidámosche a que nos fagas chegar as túas preguntas, ideas ou comentarios acerca do noso centro.

O CSHG é un centro educativo que forma directivos hostaleiros e xestores en cociña cunha ensinanza multidisciplinar, onde o alumno pode acadar os niveis máis altos de coñecemento na súa futura profesión. Proba diso é a nosa metodoloxía innovadora que combina a teoría e a práctica dunha formación empresarial, que introduce ao alumno na organización dunha empresa, asumindo tarefas e responsabilidades en situacións reais con clientes de verdade.

O CSHG está fortemente vinculado cos líderes nacionais e internacionais do sector hostaleiro grazas ás prácticas en empresas que os alumno debe superar ao finalizar cada curso. Ademais, isto ofrécelles unha situación privilexiada coñecendo de primeira man as necesidades e demandas do mercado e ofrecéndolles unha resposta rápida e eficaz. Por iso, non é casualidade que a práctica totalidade dos nosos alumnos titulados no CSHG atopen traballo ao finalizar os seus estudos.

E nós, desde o CSHG, esforzámonos cada día en ofrecer a mellor formación personalizada aos nosos alumnos, fomentando as súas habilidades interpersoais, animándolles a descubrir novos horizontes. Máis de 2.000 antigos alumnos traballan hoxe en establecementos hostaleiros en 90 países e gozan dunha profesión de futuro Queres ser un deles?

Vostede está aquí: Inicio Requerimentos & Admisión CSHG Saúda da directora