nwcshg

Xunta de Galicia

Xornadas de portas abertas no CSHG

O Centro Superior de Hostalería de Galicia organiza de forma personalizada e á carta, xornadas de portas abertas virtuais para coñecer a oferta académica, instalacións e saídas profesionais que ofrece o CSHG.

Estas xornadas están abertas a aquelas persoas interesadas en formarse en dirección hostaleira ou xestión en cociña e dispoñan dun PC/Ordenador ou un móbil coa aplicación de Google Hangout /Google Meet instalada.

Non hai datas nin horas concretas xa que estas xornadas poden ser adecuadas ás horas dispoñibles dos asistentes. Non hai límite de asistentes por xornada e poden participar desde lugares diferentes.


Se queres participar, envía un e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , o número de participantes e un teléfono de contacto. Chamarémosche para confirmar a data.


Xornadas de portas abertas no CSHG en setembro

Para futuros candidatos e candidatas que non tiveran a oportunidade de ver o CSHG e queiran acceder a algunha das titulacións do CSHG na convocatoria de setembro.

Máis de 300 alumnos do CSHG empezan as prácticas dun ano ou tres meses coma directivos e cociñeiros en 18 países

 

Ocupan postos en hoteis e restaurantes de prestixio internacional, en cadeas hoteleiras coma Marriott, Meliá, NH, Accor, Barceló, Vincci ou Palladium

Máis artigos

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas