nwcshg

Xunta de Galicia

Os antigos alumnos acceden a unha oferta de 140 postos directivos no XIII Workshop do CSHG Alumni

15 compañías do sector turístico fixeron 150 entrevistas para captar a profesionais formados no  CSHG.

Aberto o prazo para inscribirse no curso de xestión de empresas de restauración do CSHG

 

Hai 20 prazas para propietarios ou xerentes de empressas de restauración de Galicia.

Santiago, 27 de febreiro de 2020. O curso forma parte do Plan de formación do sector turístico no que a Xunta de Galicia, a través do Centro Superior de Hostalería de Galicia ( CSHG) se alía coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para avanzar na profesionalización e a mellora da competitividade deste tipo de negocios na antesala de Xacobeo 2021. A inscrición pódese facer picando aquí.

O módulo dura 50 horas, 40 delas en modalidade presencial e 10 de traballo autónomo a través da plataforma de teleformación do CSHG. As clases terán lugar durante cinco luns entre abril (días 13 e 20) e maio (días 4, 11 e 25). O horario é de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 19:30. As clases impartiranse no CSHG.
 
O obxectivo do curso é proporcionar ferramentas prácticas de xestión para dirixir un establecemento de restauración coa finalidade de incrementar a calidade dos servizos prestados a turistas e cidadáns. Ademais, mellorará as destrezas dos profesionais á hora de conseguir unha maior rendibilidade dos seus negocios, optimizando os recursos materiais e humanos de cada establecemento.
 
O alumnado que supere o curso recibirá un diploma acreditativo expedido pola USC e o CSHG recoñecido con 5 créditos ECTS.
 
Os requisitos mínimos de acceso
 
- Experiencia profesional de mínimo 1 ano en postos de responsabilidade na  xestión de empresas de restauración.
- Estar na actualidade desempeñando ese posto nun restaurante de Galicia.
- Coñecementos básicos no manexo do ordenador, así como un coñecemento básico do sistema operativo Windows. (Para o módulo 4 requírense coñecementos básicos de MS Excel).
 
A formación está financiada por Turismo de Galicia. Se cumpren estas condicións o curso é gratuíto. O CSHG fará a selección dos candidatos, que inclúe unha entrevista persoal. Para máis información pode enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar ao teléfono 981 54 25 92.
 
Contidos

Módulo 1: Análise de carta e  menús. Xestión de alimentos e bebidas (10 h).
- Definición de Carta e Menú
- Condicionantes para e elaboración dunha carta nun restaurante en Galicia e para o deseño dun Menú (O Menú do Peregrino).
- Realización de escandallos dos produtos.
- Realización de fichas técnica dunha receita.
- Análise dos pratos que se venden nunha carta (equilibrio económico, pratos fixos e recomendacións..).
- Fixación de prezos.

Módulo 2: Dirección de recursos humanos nunha empresa de restauración (10 h)
- Influenza directa e indirecta do cadro de persoal  no resultado do restaurante: índices de satisfacción e relación.
- Diferentes tipos de produción e servizo.
- Organización de cadros de persoal.
- Xestión de equipos.

Módulo 3 : Novos modelos de negocio en restauración (10 h).
-  Atributos dos  produtos de restauración
- Identificando novas necesidades: a matriz segmentos por servizos.
- Creatividade e innovación nos negocios de restauración.
- O plan de marketing online para os produtos de restauración.
- Actividade práctica: O menú pícnic do peregrino.

Módulo 4: Ferramentas TIC para a xestión do restaurante  (10 h).
- Deseñar e dar formato as follas de Excel.
- Traballo con fórmulas e funcións aplicadas ao restaurante.
- Creación de gráficos e outras ferramentas para a xestión do restaurante.
- Actividade práctica: realización dun Menú engineering aplicado o meu restaurante.

Módulo 5: Xestión e administración de recursos en restauración (10 h).
- O orzamento na empresas de restauración. Concepto de orzamento e proceso do control orzamentario.
- A conta de explotación. Concepto e instrumentos de xestión do resultado do negocio da restauración.
- O control dos custos. Tipos de custos e sistemas de imputación dos custos para facer o negocio rendible.
- Como calcular o punto morto nunha empresa de restauración. Definición e análise.
 
Cronograma das xornadas

13 abril - luns de 10 a 2  e  de 15:30 a 19:30 (8 horas).
Análise de carta e  menús. Xestión de alimentos e bebidas.
Profesor: Roberto Walther Schnellbach.
20 abril - luns de 10 a 2  e  de 15:30 a 19:30 (8 horas).
Dirección de recursos humanos nunha empresa de restauración.
Profesores: Andrés Rumbo e Ángel Benavente.
4 de maio-  luns de 10 a 2  e  de 15:30 a 19:30 (8 horas).
Novos modelos de negocio en restauración.
Profesores: Andrés Nieto e Antonio Vázquez.
11 de maio- luns de 10 a 2  e  de 15:30 a 19:30 (8 horas).
Ferramentas TIC para a xestión do restaurante.
Profesor: Julio Santos Gestoso.
25 de maio- luns de 10 a 2  e  de 15:30 a 19:30 (8 horas).
Xestión e administración de recursos en restauración.
Profesor: José Luis Sieira López.

A Xunta traballa co sector no deseño do novo Grao de Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira do CSHG

O conselleiro de Cultura e Turismo participou hoxe na primeira reunión do comité de expertos á que asistiron representantes da Universidade de Santiago de Compostela, profesionais do sector, expertos en sustentabilidade e antigos alumnos.O obxectivo é comezar a impartir no curso 2021-2022 este novo grao que contará coa implicación directa do sector a través do sistema de formación dual

comisionreunion

Máis artigos

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas