nwcshg

Xunta de Galicia

O CSHG organiza dous novos cursos de inglés dentro do plan de formación da Xunta para o sector turístico

Os profesionais de Galicia que traballen en turismo pódense inscribir ata o 8 de novembro.
Santiago, 2 de novembro. O Centro Superior de Hostalería de Galicia organiza dous cursos en liña de inglés para o sector dentro do plan de formación da Xunta de Galicia para o sector turístico. Impartirá o Centro Británico, un centro especializado na formación de idiomas, que colabora coa escola. Os cursos, que empezarán o 16 de novembro, durarán tres semanas. Son: 
 
 
Hai 50 prazas para cada curso, 25 por nivel, B1 e  B2. O Centro Británico fará probas de nivel entre os días 9 e 13 de novembro. Son cursos en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación do CSHG, con dous videotutoriais semanais obrigatorias en grupos reducidos e de traballo individual de 20 horas. 
 
Destinatarios
Poden apuntarse empregados ou autónomos que traballen de fronte ao público ou teñan contacto con turistas internacionais. Tiveron que traballar ata o 14 de marzo en turismo ou en actividades independentes relacionadas co sector, ou cumprir este requisito polo menos tres meses no último ano.  
 
Resérvase o 20% das prazas para os que perderon o posto de traballo ou estean en situación de ERTE pola crise do COVID 19. Terán preferencia os candidatos que non participasen nunha formación en idiomas de Turismo de Galicia en 2020.
 
O alumnado obterá un certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 26 horas de duración. Para iso, os participantes deberán finalizar o 80% do curso en liña e participar na totalidade das sesións grupais de videotutorías.
Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas O CSHG organiza dous novos cursos de inglés dentro do plan de formación da Xunta para o sector turístico