nwcshg

Xunta de Galicia

O CSHG oferta teleformación gratuíta para o sector turístico

O Centro lanza oito cursos para que o sector se forma en competencias de comunicación, xestión digital e márketing.

Santiago, 26 de marzo. Mellorar as competencias do sector turístico en materia de xestión dixital, comunicación e márketing online son algúns dos obxectivos das accións formativas que ofrece a Consellería de Cultura e Turismo a través do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG). A teleformación é gratuíta para os profesionais do sector. Prema aquí para apuntarte

O CSHG ven desenvolvendo un plan de formación continua para o sector hostaleiro e habilitou estes oito webinars para axudar ao sector a saír da crise. A formación está orientada a os propietarios de pemes e empregados de bares, cafeterías, restaurantes, aloxamentos e outros establecementos hostaleiros. A duración de cada unha das catro sesións é de catro horas, das que unha hora e media destinarase a unha conferencia  online ( webinar interactivo), mentres que o resto do tempo corresponderá ao traballo persoal cos materiais do curso.

Xa se celebraron varios cursos. O primeiro celebrouse onte cunha sesión dedicada a xestión de datos que impartiu Víctor Salgado, socio director de Pintos & Salgado Avogados e profesor de Dereito Informático na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Víctor Salgado tambíen resolveu as dúbidas máis frecuentes na actividade turística na internet no segundo webinar. O último webinar celebrado en marzo impartiuno Tirso Maldonado, Cloudsuite para o teletraballo e traballo en equipo nas empresas e centros de formación do turismo e a hostalería. O primeiro curso do mes de abril, celebrado o día 2, impartiuno Óscar Alfeirán Varela, que traballa no departamento de Marketing do CSHG. Explicou como debe comunicar unha peme turística nunha crise.

Máis formación
Óscar Alfeirán impartirá unha segunda sesión o seguinte martes, 7 de abril. Tratará sobre aplicacións que melloran a mensaxe e o aproveitamento do tempo e outros recursos. A sesión empezará ás 11 horas.
 
Celébranse máis webinars no mes de abril. Son os seguintes:
- Implantación do CRM e Email Marketing para empresas turísticas. Celébrase o luns, 13 de abril, ás 11 horas con Tirso Maldonado
 
- Marketing dixital para restaurantes. Celébrase o xoves, 16 de abril, ás 11 horas con Tirso Maldonado.
 
- Como comunicar cos clientes das empresas turísticas superada a crise. Celébrase o luns, 20 de abril, ás 11:00 con Celso Gómez Corbal
 
- Boas prácticas no márketing dixital para saír da crise: consellos prácticos. Celébrase o xoves, 23 de abril ás 11:00 con Celso Gómez Corbal.
 
- Google Analytics para hoteis e restaurantes. Celébrase o luns, 29 de abril ás 11:00 con Tirso Maldonado.
Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas O CSHG oferta teleformación gratuíta para o sector turístico