nwcshg

Xunta de Galicia

As cadeas hoteleiras visita o CSHG para captar alumnos para as prácticas de verán

 
Os alumnos fan prácticas todos os anos e teñen a oportunidade de coñecer as empresas e aos seus responsables de Recursos Humanos
 
Santiago, 14 de febreiro. As cadeas hostaleiras visitan o Centro Superior de Hostalería de Galicia ( CSHG) para informar a todos os alumnos de dirección hostaleira e gastronomía da filosofía das súas empresas e das prácticas que deben facer obrigatoriamente no verán de 2019. As charlas teñen lugar ás 17:30. Se algún candidato quere participar e coñecer de primeira man como é a relación do CSHG coas empresas hostaleiras, só teñen que confirmar a súa asistencia no teléfono 981 54 25 19 (preguntar polo departamento de Márketing) ou enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Temos prazas limitadas. 

 
As charlas son:
- 19 de febreiro. Hyatt. Falarán varios responsables de RRHH da cadea en Europa.
- 20 de febreiro. Ritz-Carlton. Falará Jordi Sala, do Hotel Arts Barcelona.
- 21 de febreiro. Vincci Hoteis. Falarán Marco Valera, director corporativo de RRHH e un antigo alumno (por confirmar).
- 26 de febreiro. Palladium Hotel Group. Por confirmar quen falará.
- 27 de febreiro. NH Hotel Group. Falará Meritxell Ramudo, antiga alumna do.
- 1 de marzo. Marriott. Falará Jessica Rey Dubra, responsable de relacións coas escolas. Será pola mañá (hora por confirmar).
- 6 de marzo. IHG. Falará a responsable de recrutamento para Europa.
 
Xa nos visitaron Blue Diamond, Iberostar, Meliá, Barceló, Ar Hoteis, Ilunión Hoteis, AC Hotels by Marriott, Elba Hoteis, H10 e French Creek, AC Hotels by Marriott, Paradores (na foto, Carlos García e Laura Ballesteros). Están pendentes de confirmar algunhas cadeas como Accor ou Kempinski.
 

 
 
Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas As cadeas hoteleiras visita o CSHG para captar alumnos para as prácticas de verán