nwcshg

Xunta de Galicia

O novo conselleiro de Cultura e Turismo inaugura o curso no CSHG

 

inicio

Román Rodríguez definiu a formación do Centro Superior de Hostelería de Galicia como un modelo de excelencia que garante unhas altas taxas de inserción laboral tanto en cociña como en xestión hostaleira.

Santiago, 8 de uutubro. O novo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, inaugurou o curso 2018-19 no Centro Superior de Hostalería de Galicia ( CSHG), acompañado polos antigos alumnos Cecilia Cabrera, propietaria do restaurante O Croque de Vigo e consultora, e Santiago Carrera, director dos Paradores de Santo Estevo e Monforte de Lemos. No acto tamén participaron a vicerectora de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Vitoria Otero, e a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro.

O conselleiro referiuse ao CSHG como un referente a nivel internacional cun modelo de formación de excelencia, con profesionais altamente cualificados, adaptados aos tempos actuais e que logran colocarse no mercado laboral. De feito, explicou que o grao de inserción laboral do alumnado que cursa o diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña, de dous anos de duración, é do 100%. No caso do Diploma Superior de Xestión Hostaleiro, de catro anos, sinalou que 85 de cada 100 titulados acceden a postos de mando intermedio no sector dez meses despois de finalizados os estudos.

Estes datos, en palabras de Román Rodríguez, demostran que “os estudos de hostalería son unha porta aberta ao emprego” e que as prácticas que os alumnos realizan por todo o mundo son “unha excelente oportunidade para unha inserción laboral altísima”. Así mesmo, destacou que, ademais de obter unha formación de excelencia, o alumnado representa a Galicia e á gastronomía galega no estranxeiro.

 

image gallery-2     

25 aniversario do CSHG

Román Rodríguez tamén lembrou que o CSHG estará de aniversario no 2019, ano no que se cumprirán “25 anos creando talento”. Unha oportunidade que, segundo o conselleiro, axudará a reforzar o vínculo cos antigos alumnos e a optimizar as posición e relevancia da escola como referente e exemplo no ámbito da restauración e da hotelaría.

 

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas O novo conselleiro de Cultura e Turismo inaugura o curso no CSHG