nwcshg

Xunta de Galicia

Máis de 300 alumnos do CSHG empezan as prácticas dun ano ou tres meses coma directivos e cociñeiros en 18 países

 

Ocupan postos en hoteis e restaurantes de prestixio internacional, en cadeas hoteleiras coma Marriott, Meliá, NH, Accor, Barceló, Vincci ou Palladium

Santiago, 7 de xuño. A maioría dos alumnos teñen entre 18 e 24 anos e estarán lonxe da casa por un mínimo de tres meses ata setembro. Os que están xa no último ano de carreira en dirección hoteleira amplían ese periodo a seis meses ou un ano como adxuntos a dirección de hotel ou de departamentos como o de Alimentos e Bebidas, Aloxamento, Marketing e Promoción, Revenue Management…. É unha aprendizaxe máis que fan todos os anos grazas ao plan de estudos do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). É unha materia máis que se inclúe no plan de estudos do Diploma en Xestión Hoteleira e no Diploma en Gastronomía e Xestión en Cociña. 

Este ano, os alumnos e alumnas estarán en Asia (Emiratos Árabes Unidos), América (Brasil, Arxentina, EEUU, México, Cuba e República Dominicana), África (Marrocos) e Europa (España, Portugal, Francia, Reino Unido, Alemaña, Holanda, Bélxica, Andorra e Chequia). Para moitos deles esta vai ser a súa primeira experiencia laboral, co engadido de estar lonxe da casa. 

Todos eles desenvolven o aprendido no CSHG; unha formación eminentemente práctica que lles permite afrontar este reto con grandes posibilidades de éxito. Aínda que son prácticas, saben facer as cousas que se lles encomendan porque aprendérono a facer no CSHG nas aulas prácticas dos restaurantes carta e buffet e de cafetería, así como nas aulas de aloxamento, recepción e lavandería industrial. Desenvolven tarefas directivas porque resolven casos prácticos de xestión que previamente aprenderon a facer nas materias de Administración de Empresas. 

Nos mellores hoteis e restaurantes

Os alumnos realizan estas prácticas en hoteis independentes e hoteis das cadeas hostaleiras con máis prestixio a nivel internacional. Ademais de estar en restaurantes de hoteis, tamén fan prácticas en establecementos particulares, 13 deles con estrela Michelín. 

Cadeas hoteleiras: Marriott, Meliá, NH, Barceló, Mandarín, IHG, Accor, Hyatt, Hilton, Paradores, Radisson, Palladium, Iberostar, Catalonia, AC by Marriott, Vincci, AR, W, Derby, Hotusa, Elba Hoteles, Hospes, Ritz-Carlton, Sercotel, H10, Tryp, Oca, Hesperia, Attica 21, Ibiza Bay, Ibiza Playa Sol, Sleep´n hoteis, Best Western e hoteis independentes.

Restaurantes: Cenador de Amós (2 *), Zuberoa (1 *), Jardín (1 *), Pepe Veira (1 *), Casa Solla (1 *), Retiro da Costiña (1 *), Culler de Pau (1 *), Nerua (1 *), La Salgar (1 *), El Retiro (1 *), Marqués de Riscal (1 *), Silabario, Bodega del Riojano, Aizian, Nineu, El Lagar, El Faro de Cádiz, Tocuyo, Barrasie7e, Catering Don Pepe, Joselito (EEUU), Etaru (EEUU), Chila (Argentina) e os restaurantes de Oca Villa de Allariz, Sercotel Hotel Gran Bilbao, Parador de Ferrol e Oca Palacio de la Llorea.

O Centro Superior de Hostelería de Galicia é una escola de excelencia que forma a directivos hoteleiros co título universitario do Diploma Superior en Xestión Hoteleira e a cociñeiros cunha ampla formación en xestión co Diploma en Gastronomía e Xestión en Cociña. Con 23 anos de existencia, do CSHG saíron máis de 2.500 profesionais que, no día de hoxe, traballan en 80 países.

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas Máis de 300 alumnos do CSHG empezan as prácticas dun ano ou tres meses coma directivos e cociñeiros en 18 países