nwcshg

Xunta de Galicia

O CSHG organiza este sábado "un día de clases", unha xornada especial de portas abertas

 

Os profesores de xestión hostaleira e cociña imparten clases de 15 minutos de duración similares a recíbenas os alumnos do  CSHG

Santiago, 22 de maio. "Un día de clases" é unha xornada especial de portas abertas onde o candidato, non só visita as instalacións e coñece o plan de estudos, tamén vivirá unha serie de clases reducidas impartidas polos profesores do Centro, parecidas ás que se imparten a diario no Centro. Celébrase os días 26 de maio (sábado) e 16 de xuño (sábado). O programa é o seguinte: 

11:00. Recepción na cafetería do  CSHG.

11:10. Os Recursos Humanos. Como xestionamos o persoal nun hotel. 

11:30. Os idiomas e as TIC. Paso a paso, aprendes a utilizar a plataforma coa que traballan os alumnos de forma autónoma en todos os idiomas.

12:00. Recursos Humanos. Vou a contratar ao meu persoal.

12:20. Cata de aceites. Como diferencio os diferentes tipos de aceites que existen no mercado.

12:40. Monta o teu hotel / restaurante. Cales son as claves que debo coñecer para montar o meu propio negocio.

13:00. Como acceder ao mercado laboral. Se acabo os meus estudos no  CSHG, accedo directamente a un traballo grazas ás miñas prácticas de verán, ao  Workshop que se organiza todos os anos ou a través da bolsa de traballo do Club de Antigos Alumnos. Como o fago?

13:20. Visita os restaurantes. Coñece como se fan as prácticas de Servizos e Cociña no  CSHG.

13:40. Visita o hotel. Coñece como se fan as prácticas de Recepción e Aloxamento no  CSHG.

14:00. Vou de prácticas. Varios alumnos explican as súas experiencias de prácticas de verán, que realizan todos os anos da titulación. 

As persoas que se queiran inscribir na xornada "un día de clases", deben enviar unha mensaxe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. onde especifiquen o nome e apelidos dos participantes e un teléfono de contacto. Tamén poden chamar ao 981 54 25 19 e poñerse en contacto co departamento de Márketing.

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas O CSHG organiza este sábado "un día de clases", unha xornada especial de portas abertas