nwcshg

Xunta de Galicia

Profesionais arxentinos amplían os seus coñecementos en dirección hoteleira no CSHG

Dende el 19 de abril formaranse en aloxamento, xestión de alimentos e bebidas, revenue management, xestión, marketing e innovación hoteleira no CSHG

Santiago, 19 de abril. Trinta hoteleiros e directivos da Federación Empresaria Hotelera Gastronómica da República Arxentina (FEHGRA) inician hoxe un curso de dirección e xestión hoteleira no  Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG)   hasta o 27 de abril.

O curso está integrado por hoteleiros de todo o país arxentino das diferentes filiais da FEHGRA como Bahía Blanca, Comodoro-Rivadavia, Concordia, Calafate, Córdoba, Formosa, Mar del Plata, Paraná, Puerto Iguazú, Rosario, Santa Fé, Thermas de Río Hondo. Entre eles atópase a Presidenta da filial de Córdoba, Crisitina Oddone.

A formación, cunha duración de 50 horas,  céntrase nas últimas novidades e tendencias nas áreas de aloxamento, recursos humanos, revenue management, alimentos e bebidas, xestión económica e marketing da man dos profesores do CSHG con máis de 20 años especializados en hotelería.  As clases no centro alternaránse con visitas a diferentes hoteis de Galicia.

Este non é o primeiro curso que organiza o CSHG para profesionais hoteleiros de Arxentina. En anos anteriores, directivos das provincias de Tucumán e Salta e da propia FEHGRA participaron en formación do CSHG en España. Estes cursos retómanse despois da presenza do CSHG en setembro de 2017 no Gran Foro del Conocimiento de HOTELGA invitados pola FEHGRA, e no que a Directora do CSHG Marta Fernández e a Responsable de Formación continua e consultoría Núria Sanchez falaron de Gastronomía e de Tendencias no novo paradigma hoteleiro respectivamente.

 

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas Profesionais arxentinos amplían os seus coñecementos en dirección hoteleira no CSHG