nwcshg

Xunta de Galicia

Aberta a inscrición para a xornada

 

Os candidatos para estudar no Centro poden vivir un día de clases inscribíndose no 981 54 25 19 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Santiago, 13 de abril. Un día de clases é unha xornada especial de portas abertas onde o candidato e a súa familia , non só visitan as instalacións e coñecen o plan de estudos, tamén vivirán unha serie de clases reducidas impartidas polos profesores do  CSHG, parecidas ás que se celebran a diario no Centro. O programa é o seguinte: 

11:00. Recepción na cafetería do CSHG.

11:30. Cata de bebidas. Coñece os aromas e aprende a descubrilos nun viño, impartida pola profesora Nuria Cid.

12:00. Os idiomas e as TIC. Paso a paso, aprendes a utilizar a plataforma coa que traballan os alumnos de forma autónoma en todos os idiomas, impartida polo profesor José Rodríguez.

12:20. Cata de aceites. Como diferencio os diferentes tipos de aceites que existen no mercado, impartidos polos profesores  Ester Fernández e Roberto  Walther.

12:40. Como acceder ao mercado laboral. Se acabo os meus estudos no  CSHG, accedo directamente a un traballo grazas ás miñas prácticas de verán, ao  Workshop que se organiza todos os anos ou a través da bolsa de traballo do Club de Antigos Alumnos. Como o fago? Falará a responsable do Club de Antigos Alumnos, María Cachafeiro. 

13:00. Monta o teu hotel / restaurante. Cales son as claves que debo coñecer para montar o meu propio negocio. O profesor José Luis  Sieira encargarase de introducir aos visitantes no apaixonante mundo dos números.

13:20. Visita os restaurantes. Coñece como se fan as prácticas de Servizos e Cociña no  CSHG. Veremos en directo como aprenden os alumnos de primeiro de dirección hostaleira e gastronomía.

13:40. Visita o hotel. Coñece como se fan as prácticas de Recepción e Aloxamento no  CSHG.

14:00. Voume de prácticas. Varios alumnos  explicaránn as súas experiencias de prácticas de verán, que realizan todos os anos da titulación. 

Para máis información, poden contactar co departamento de Márketing no 981 54 25 19 e preguntar por Óscar  Alfeirán. 

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas Aberta a inscrición para a xornada