nwcshg

Xunta de Galicia

A Universidade de Brighton explica mañá e pasado aos alumnos do CSHG como obter o Bachelor Europeo en xestión hoteleira

O responsable académico, Hasan Gilani, ofrece charlas en todos os cursos da titulación para explicar o Top-Up e como é a vida na cidade británica

Santiago, 5 de marzo. O xestor académico da Universidade de Brigton, Hasan Gilani, estivo en Santiago de Compostela, explicando aos alumnos a opción de acadar unha titulación oficial tras acabar o Diploma Superior en Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). Co obxectivo de promover a internacionalización e unha formación máis integrada no Marco Europeo de Educación Superior, a Axencia de Turismo de Galicia asinara recentemente un acordo con esta entidade británica para facilitar esta vía aos alumnos que finalizaran a titulación española. Así, os alumnos só terían que facer un Top-Up en Reino Unido, un único curso que lles permitirá acadar unha segunda titulación, o Bachelor Europeo (BA) en Hotel Management.

Hasan Gilani tivo encontros cos 300 alumnos de Diploma Superior en Xestión Hoteleira. Foron 15 charlas, unha por cada curso, onde o xestor académico de Brighton lles explicou as diferentes opcións para superar o Top-up, atendeu as preguntas e dúbidas dos interesados e falou de forma extensa de como é a vida universitaria nesta vila costeira. 

A idea é que os alumnos que finalicen o Diploma Superior de Xestión Hoteleira teñan a oportunidade de facer este Top-Up en Brighton. En caso de querer facelo, a información que lles trasladou o Sr. Gilani, permitiralles afrontar sen problemas os trámites de matrícula e traslado no transcurso do último curso de dirección hoteleira en Santiago de Compostela.

¿Que pode aportar este Bachelor ao alumno que finaliza o Diploma Superior en Xestión Hoteleira, unha titulación de catro anos que é un título propio da Universidade de Santiago de Compostela? Facendo o Top-Up, o alumno do CSHG obtería unha segunda titulación, oficial, que lle permitirá presentarse ás oposicións do grupo A e B, así como acceder a másters oficiais que requiran o grao. Ademáis, ofrece un enfoque académico internacional na prestixiosa Universidade de Brighton, que lle abre outras opcións de acceso ao mercado laboral. 

O alumno que opte por facer o Top-Up vivirá en Brighton e pasaría o seu periplo académico no campus de Eastbourne, na costa sur do Reino Unido. As clases terían lugar no School of Sports and Service Management (SaSM). Para acceder, os alumnos deberá acreditar o título do CSHG e un nivel IELTS de inglés de 6 puntos no escrito e de 5,5 punto no resto de probas ou equivalente, algo que cumpren perfectamente. 

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas A Universidade de Brighton explica mañá e pasado aos alumnos do CSHG como obter o Bachelor Europeo en xestión hoteleira