nwcshg

Xunta de Galicia

Un dos mellores profesionais galegos de coctelería forma aos alumnos en destilados

Adega  HGA trae a José Manuel Gómez ao CSHG para formar en cata de xenebra,  ron,  vodka e whisky

Santiago, 19 de decembro de 2018. O campión galego de  coctelería, José Francisco Gómez Mato, goza falando dos destilados. Onte fíxoo a un grupo de alumnos e profesores no Centro Superior de Hostalería de Galicia. A adega  HGA organizou o evento, unha actividade máis da materia de Enoloxía da profesor Nuria Cid. O  barman faloulles dos diferentes tipos de destilación e presentoulles diferentes bebidas e a maneira de elaboralas e consumilas. 

Con José Francisco estivo o antigo alumno do  CSHG,  Iago González, que estudou Diploma de Gastronomía e que, ao pouco de finalizar os seus estudos, fai seis anos, empezou a traballar na adega propiedade de Horacio Gómez. Segundo palabras de Nuria Cid, “é un orgullo que uno dos nosos antigos alumnos volva á escola como embaixador dunha das grandes adegas de Galicia”. Ademais recomendou aos estudantes, de dirección hostaleira e de xestión en cociña, que “pensar seriamente que o mundo das adegas pode ser un nicho moi interesante para a inserción laboral”. 

Paso a paso, os alumnos coñeceron as xenebras, os  rones, os  vodkas e Whiskys/Whiskies das marcas  Nº 0 e  Platu. Fixeron unha cata de cada un destes destilados, atendendo ás indicacións do campión de  coctelería José Francisco Gómez Mato. Xa para finalizar, aprenderon a elaborar un  gin- tonic e recibiron de Adegas  HGA un diploma acreditativo. 

Todos os grupos de dirección hostaleira participarán nesta formación durante os próximos días. 

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas Un dos mellores profesionais galegos de coctelería forma aos alumnos en destilados