nwcshg

Xunta de Galicia

Marta Casas representará ao CSHG no Hyatt Student Prize 2018

 

A alumna Marta Casas participará na décima edición do " Hyatt  Student  Prize", un concurso onde  Hyatt  Hotels & Resorts escolle ao mellor estudante de xestión hostaleira a nivel internacional.

 

Santiago, 15 de decembro de 2017. O Centro Superior de Hostalería de Galicia foi seleccionado entre as mellores escolas de Europa para competir no devandito certame que terá lugar os próximos 14 e 15 de xaneiro de 2018. 

Despois dunha fase previa,  Hyatt  Hotels & Resorts elixirá a dez finalistas que loitarán por ser o mellor nun concurso que se celebrará no Hotel  Park  Hyatt París  Vendôme. O xurado estará encabezado por Laurent  Cintrat, Vicepresidente Comercial de Evian  Volvic  World e contará con outros seis profesionais de diferentes sectores que avaliarán a capacidade, as habilidades, a experiencia e a personalidade dos concursantes.

O  CSHG elixiu a Marta Casas Belo, unha alumna de último ano de Diploma Superior en Xestión Hostaleira que é oriúnda de Ferrol.  Nuns días, Marta saberá se é unha dos elixidas para participar na gran final en París. Para participar tivo que encher unha solicitude de inscrición, achegar a súa  curriculum e contestar a tres preguntas: que o motivou a participar?, por que elixiu a hostalería como a súa profesión? e onde se ve traballando en cinco anos?.  

Para o Centro Superior de Hostalería de Galicia foi unha grata noticia ser elixido para participar. Segundo Marta Fernández, directora do  CHSG "A verdade que foi fabuloso ser elixido por  Hyatt para participar nun evento no que se premia aos mellores profesionais mozos. Estamos orgullosos e agradecidos. Participar xa é todo un éxito para o Centro". 

Hyatt  Hotels  Corporation, con sede en Chicago, é unha compañía con presenza en 45 países con 380 hoteis e resorts

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas Marta Casas representará ao CSHG no Hyatt Student Prize 2018