nwcshg

Xunta de Galicia

I Team representa al CSHG na Emcup 2018 que se celebra en Maastricht

  

É unha competición na que participan as mellores escolas de xestión hostaleira a nivel mundial.

Santiago, 30 de novembro. O equipo do  CSHG para a  Emcup 2018 fórmano os alumnos María Trigo Rosón, Francisco Rama Fernández, Manuela Ribeiro e Natalia Rey Padorno. Como todos os anos, a final celébrase na cidade de  Maastricht (Bélxica) os días 18 e 19 de febreiro de 2019. Os catro alumnos do  CSHG están moi ilusionados porque a experiencia permítelles traballar en equipo, desenvolver habilidades para xestionar grupos e, xa ao final, coñecer a responsables de empresas hostaleiras e do sector, así como aos participantes doutras 120 escolas a nivel internacional.

O equipo do CSHG aproveitará a súa formación en xestión hostaleira para preparar os seus tres traballos, que supoñían o 50% da puntuación total. Por unha banda, xerar ruído a través de redes sociais para promover a súa escola, o seu equipo e a EMCup e, por outro, a elaboración dun vídeo e a redacción dun traballo de non máis de 5 páxinas que deberán defender diante do tribunal durante non máis de dous minutos.

EMCup é a competición na que participan as mellores escolas de xestión hostaleira de Europa. Está dirixida aos estudantes de último ano e busca que eles desenvolvan a coraxe e o espírito empresarial a través dun gran nivel de compromiso.  EMCup busca coñecer a visión e as ideas dos futuros profesionais

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas I Team representa al CSHG na Emcup 2018 que se celebra en Maastricht