nwcshg

Xunta de Galicia

Os antigos alumnos de dirección hoteleira e cociña celebran un reencontro no CSHG vinte anos despois de deixar a escola

 

As primeiras promocións foron recibidas no Centro Superior de Hostelería de Galicia e mantiveron unha xuntanza cos profesores antes de comer no restaurante

Santiago, 11 de novembro. Sorrisos e bágoas, así se pode definir o reencontro que mantiveron no CSHG un grupo de trinta alumnos da primeira promoción de dirección hoteleira e da segunda promoción de cociña. Vintedous anos despois de rematar os seus estudos de hostelería, voltaron á escola onde se formaron e reuníronse con moitos dos seus antigos profesores que aínda dan clase. 

A recepción tivo lugar na aula cafetería e despois mantívose un encontro con proxección de vídeos, debates entre alumnos e docentes e presentación do traballo que desenvolve na actualidade o Centro Superior de Hostelería de Galicia e o Clube de Antigos Alumnos.  Para finalizar a xornada, celebrouse unha comida no restaurante.

Este grupo de alumnos matriculouse no 1995 e remataron no 1999 os seus estudos de Gran Diploma en Xestión e Dirección de Empresas Hosteleiras e de Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña, o que lles permitiu a maioría deles incorporarse ao mercado laboral. Moitos traballan no sector, e algún no CSHG, como é o caso de Xosé Bernárdez Agrafojo, profesor de Elaboración Fría; Xosé Sánchez, profesor´de Innovación Hoteleira e Marcos Tilve, consultor do departamento de Formación Continua.

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas Os antigos alumnos de dirección hoteleira e cociña celebran un reencontro no CSHG vinte anos despois de deixar a escola