nwcshg

Xunta de Galicia

A responsable de prácticas internacionais de Marriott falou con 50 alumnos do CSHG para levalos a EEUU

O éxito do ano pasado anima a  Jessica Rey Dubra a estar dous días no Centro onde dará unha charla mañá ás 17h30 horas sobre a filosofía da compañía

 

Santiago, 9 de novembro. Todos os alumnos de último ano de dirección hoteleira que fixeron prácticas con Marriott en Estados Unidos aínda están alá, moitos deles con serias opcións de quedarse nunha compañía que conta con 4.100 hoteis en 60 países do mundo organizados en 16 marcas, caso de The Ritz-Carlton, St. Regis, The Luxury Collection, W ou Bulgari. 

O bo resultado dos alumnos formados no Centro na compañía estadounidense anima a que a responsable do Programa Internacional de prácticas veña de novo a Santiago de Compostela, e xa van tres anos seguidos, desde a súa central en Texas. Jessica Rey Dubra estará hoxe no CSHG e mañá entrevistará a máis de 30 alumnos. Onte estivo con máis de 50 candidatos que escoitaron a experiencia que vivieron os alumnos de 1º e 2º de dirección hoteleira que se pasaron este verán nos hotels de Texas.  

Xa o ano pasado, Jessica comentara aos alumnos na súa conferencia que podían vivir a súa estadía “como un ano vivido nos Estados Unidos, coñecer o país ou coller algo de experiencia. Ou o poden ver como o principio do resto da súa carreira. Ímonos a asegurar que si son un dos mellores, quedaranse na compañía. E non necesariamente nos EEUU”.

Os 400 alumnos que estudan todos os anos no Centro Superior de Hostelería de Galicia fan prácticas todos os anos en xestión hoteleira ou en xestión de cociña en hoteis e restaurantes de prestixio a nivel internacional. Forma parte do seu plan de estudos que busca formar aos mellores profesionais cunha formación moi próxima á realidade do mercado laboral. 

As cadeas hoteleiras visitan o CSHG durante os meses de febreiro, marzo e abril. Aínda que nesta ocasión Marriott adiantou a súa visita para ir organizando o seu plan de prácticas. Na charla de hoxe tamén explicará como se fai a xestión de visados a todos os interesados para non ter problemas de entrada no país.

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas A responsable de prácticas internacionais de Marriott falou con 50 alumnos do CSHG para levalos a EEUU